¡Como mo contaron!, contaréivolo. Fágoo, xa
que no seu intre, cando escoiteino, causoume, a min, un certo grao de
hilaridade. Agardo que a vos os ocorra o mesmo e vexades ata onde pode
chegar a intelixencia e a imaxinación humana cando se ten que poñer a
descorrer.
A historia
que vou contarvos ocorreu ala, pola terra de Camariñas preto de Ponte
do Porco, para mais sinais en Xaviña, (boa terra de millo). Contase,
que cadraron dous amigos, coma case tódalas tardes na tenda do lugar,
que por certo, moitas non hai, e puxéronse a discutir sobre que
ninguén é capaz de rachar un ovo de galiña, apertándoo coas palmas
da man polos lados de mais punta. O que estaba a dicir esto era Xaquín,
que, aparte diso, tamén dicía; ¡Non é que o diga eu!, ¡É a ciencia
e mailos entendidos en física!
¡Ti... ti debes de ser parvo, ou... ou
fállate a cachola! ¿Coma non vai a ver ninguén que poda rachar un ovo
coas súas mans? ¡¡¡Tráeme un ovo e ti veras o que lle fago!!!
Dicía Xurxo. É mais, volveu a dicirlle a Xaquín ¿Se queres apostar
algo, non traias un? De paso que ves, ¡Trae unha ducia!. ¡Escacho seis
coas miñas mans e logo escachifo os que queden na túa cabeza de
besta!... ¿E que apostamos?, ¿Unha mariscada de nécoras e cegalas?
¿Unha entrada para ve-lo Depor - Madrid?¿Ou... que queres? Decide
ti... xa que vas a ser ti o que has de pagar.
Dígoche que o vin nun reportaxe, que botaron,
hai pouco, na televisión de Galicia. E ademais leinno noutro reportaxe
nunha revista especializada cando estaba na perruquería do Paxete. ¡E
para que vexas que creo na ciencia! Apóstote unha... lacoada agora que
estanos preto do Antroido. Contestoulle Xaquín.
Dacordo, coma ti queiras. Pero...dinme ¿Cando traes os ovos e nos
xuntamos para xantar? E por certo ¿A lacoada... facémola aquí, na
tenda da Rosa?. ¡¡¡Hai que darlle unha pouca ganancia!!! Repúxolle
Xurxo.
¡¡¡Maña mesmo tráioche os ovos!!! Paspán inculto. ¡¡¡A ver se
tes a forza nas mans que nestes intres tes na lingua!!!.... Pero mira,
agora que o penso, mellor deixámolo todo para o sábado. Así mátamos
dous paxaros dun tiro. Facémo-la aposta e, coma ti vas a pagar, xa nos
quedamos para a cea. ¿Que pensas? ¡Traerás cartos xa que Rosa non
fía!
Estas ti de testemuña, Rosa. Xa sei que Xaquín e todo un home de
palabra pero...¡Non vaia a ser que o que veña sen cartos sexa el!
Contestou moi farruco Xurxo.
Seguiron a falar paro sen tocar outra vez
o tema que os había enfrontado e que foi motivo daquela aposta
gastronómica.
Aquelo pasara un día martes. O resto da
semana, tanto Xurxo coma Xaquín, estiveron "entrenandose". Os
dous estiveron, pero con sorte distinta, rachando algún que outro ovo.
Xaquín rachou, non sen algo de esforzo, os tres ou catro que tivo nas
mans. Pola súa banda Xurxo non deu rachado ningún, por mais co
intentou.
"A ciencia está no certo",
"Nin se pode rachar, nin se pode poñer de pé os ovos".
Aínda que con eso de poñelo de pé... xa non apostaría nada.
Recordaba que había leido nalgún sitio, que cando chegan os
solsticios, de inverno e verán, parece que si se poden poñer dereitos.
Tería que informarse e practicar para unha nova aposta. Pensaba e se
dicía, para el, Xurxo.
Chegou o sábado. Xurxo presentouse na
tasca coa súa ducia de ovos. Eran as oito da noite. E cando Xaquín
chegou a mesma, serian sobre as oito e vintecinco. Saudáronse e
botáronse as bravacunadas de costume. "Laváche-lo pelo",
"Tróusecho los cartos", "Hai dous días que non como, e
hoxe fareino por tódolos días xuntos", "¿O postre e a
copa... tamén entra na aposta, non e así?" Cousas coma estas eran
as que se estaban a dicir os dous. Pero quero que entendades que no
sentido lúdico. Non quero que esquezades que, Xurxo e Xaquín foron e,
seguen sendo amigos.
Cando chegaron as nove da noite, Xurxo
deu dúas palmadas no ar e dixo:
Veña, veña... rematemos con esta
farsa que teño fame. Ponme os ovos diante de min, nesta mesa e vaime
dando ti os seis que mais te peten. ¡¡¡Pero recorda que os seis
últimos escáchoos na túa cabeza.!!!
A tenda estaba a medio encher cos
clientes de costume, e dalgún mais, que ó coñecer da aposta
acercáronse para ser testemuñas do que ocorrese alí. Acudiran non por
participar no premio en si, xa que as lacoadas e mariscadas son as
enchentas finais das apostas en Galicia. Aquela xente fora a ver o
escachar de ovos. Aposta coma esa, non se vían tódolos días, coma
aquela era a única que se sentira por alí. Viranse apostas de beber
cervexa, de cruzar nadando a ría ata a Praia do Lago.
Cando Xurxo comezou a darlle os ovos a
Xaquín, a súa faciana era toda alegría. Miraba ós presentes, de
ríollo, coma se xa fora o gañador da aposta. ¿Coma se ía a confundir
a ciencia? Ela axudou a que o home chegara a Lúa. A que se descubrira o
xenoma humana. A que se construíran pontes, edificios, túneles. A que
os avións voaran e non caeran ó chan. Se a ciencia descubrira como
facer eso. ¿Porque se equivocaría con o do ovo?. Así pensaba mentres
miraba ós parroquians presentes.
O primeiro e o segundo ovo, apenas
puxeron resistencia as fortes mans de Xaquín. Antes de probar cos
restantes, e có terceiro xa punto de probar tamén con el, Xaquín
mirou para Xurxo e díxolle:
Queres que continúe, ou damos por
rematada a "festa". Prométote que soo escacharei na túa
cabeza os mesmos ovos que rache coas miñas mans. E que penso que... e
unha bagoa votar a perder os ovos que con tanto dor de cu, puxeron as
galiñas.
Na faciana de Xurxo denotábase a súa
contrariedade coa ciencia. Non podía saír do seu asombro. El mesmo
vira cos seus ollos, naquel reportaxe, que non se podían rachar de esa
maneira. Algo estaba a fallar. Mirou para as mans de Xaquín e púxolle
el mesmo o terceiro ovo como vira no reportaxe. Deu seu consentimento e
viu como tamén aquel ovo era esnaquizado polas mesmas mans que o
fixeran cos de antes.
Como bo perdedor deu por rematada a súa
aposta e permitiu que o seu amigo, déralle un baño de "champo de
ovo" ó seu cabelo. Meteu os ovos restantes na oveira, levounos
para o coche e foise a casa a lava-la cabeza. Ó cabo dunha media hora
Xurxo regresou da súa casa e o resto da noite xa a podedes imaxinar.
Na semana seguinte, a festa aínda
continuou. Xaquín seguiu meténdose con Xurxo. Dicindo cousas coma
estas, "Gracias a ciencia, cenei coma un rei", "Oes,
Xurxo, cando me volves a invitar", "Non tes outra aposta
científica". Xaquín pasou toda a semana meténdose co perdedor.
Este, continuou indo a tenda e aguantaba o orballo de bromas
estoicamente coma podía. Ata que lle pediu a rébancha. Xaquín sen
pensárelo dúas veces, deulle o que lle estaba pedindo. Puxeron a fecha
de un mes vista. Pero esta vez, dixo Xaquín, a lacoada seria tamén
para tódolos amigos, xa que a fecha coincidía xusto có Antroido e
eles sempre, e dende facía algúns anos, xuntábanse todos a cear nesas
datas.
Pasou o mes e, como a vez anterior,
Xaquín chegou de primeiro. Pouco a pouco, foron chegando o resto dos
comensais. Xuntáronse todos ó redor de Xurxo e empezaron a falar de
todo un pouco. Entonces como se fora un personaxe da farándula,
facéndose esperar, Xurxo entrou de ultimo. Mais que un mozo vestido
para unha cea, parecía un galo de pelexa. Cando sacouse a zamarra que
levaba posta, debaixo dela, deixou ver unha camisa hawaiana, (que coma
sabedes e todo cor). Na súa faciana víase o signo de gañador.
O que pasou logo, pódese dicir que, foi
un calco da vez anterior pero, con resultados distintos. A cara de
ledicia, de Xurxo, por unha nova victoria, volveuse de asombro estupor,
cada vez que un ovo resistíase a ser rachado. Un a un probou con todos
eles e non lles fixo a mais leve riscádela a ningún deles. A cara de
Xaquín, polo contrario non refractou nin asombro nin alegría, era coma
se soubera, de antemán, o que ía a acontecer.
Cando Xurxo viu que non podía facer
nada, e despois de case vinte minutos, deuse por rematada a proba. O
malo para Xaquín foi que non puido estrelar ningún ovo na caluga de
Xurxo. Xa que este, negouse a que se fixera eso. Argumentaba que tiña
que racharse na súa cabeza a mesma cantidade de ovos que el houbera
rachado. Sen dalo sacado da súa terquedade, puxéronse a xantar todos
os amigos e amigas, que eran doce en total.
Pasaron os meses e ese mesmo ano, na
verbena de Xaviña, no mes de XULLO. Encontráronse nela Xurxo e mais
Xaquín, este ía coa súa nai e maila súa irmán mais pequena. A nai
de Xaquín, Sofia, so coñecía a Xurxo de vista, nunca falara con el.
Cando o fillo lle presentou a súa nai ó amigo. Despois de darse os
bicos de rigor, Sofia díxolle a Xurxo:
¿Así que ti fuches o dos ovos? ¿Non
si?
Si señora, así é, son eu.
¡O daquela noite non o vou a esquecer en moito tempo!
¡¡¡Eu tampouco señora Sofia!!!, ¡¡¡Eu tampouco!!!. Aquela
noite, o seu fillo vingouse da miña victoria anterior. Pero... xa
sabe... unhas veces tócalle a un e outras veces non. De todas maneiras
a cea tíñase que facer e quen mais da quen pagara.
Home, as veces debese de ser mais precavido nas apostas e non
deixarse levar polas vellas costumes. A ciencia hoxe en día e moi
sabia. Se ti souberas o que sei eu hoxe en día non pasarías os
problemas que pasei eu tamén.
Supoño que na súa casa o seu fillo esbardallaría coa súa proeza.
Dicía Xurxo mentres botáballe o brazo por riba dos ombreiros a Xaquín
e abrazábao.
Home o que dicía era que, o seu honor e a ciencia, quedaban de novo
no seu sitio. Que non lle importaba perder unha aposta de fútbol, unha
aposta por calquera outra cousa pero que cando el aposta é para gañar.
Boo, o pasado, pasado está... ¿Queredes tomar algo? ¿Pedide o que
queirades, que eu invito?. Vaiamos aquela mesa e sentémonos un anaco.
¿Imos aló Xaquín?. Preguntou Xurxo.
Imos. Pero eu vou un intre a falar con Roca.(W.C.) Xa veño. Dixo
Xaquín.
Se me perdoades eu tamén vou a o baño. ¿Impórtate que quede
contigo Iria, a miña filla? Preguntoulle Sofia a Xurxo.
Xa a coñezo señora Sofia, presentouma seu irmán hai xa tempo. Vaia
ó baño tranquila.
Foron ós aseos tanto Xaquín coma a súa
nai. E mentres estaban ala, os dous, Xurxo e Iria, comezaron a falar.
¿Que quería dici-la túa nai con eso
de "Se ti souberas o que eu sei hoxe" e mailo de "E que a
ciencia é moi sabia".
¿Non cho sei?... A non ser que quixera referir ó asunto que as
cascaras dos ovos están compostos de cal.
E que ten que ver eso comigo.
Pois...que ten todo e ten nada. Cóntote, cando fixechedes a primeira
aposta. Os ovos que ti rachaches , eran ovos comprados no súper.
¡Así foi! ¿E que ten que ver eso?
¡Segues sen entender!, ¿Es mais parvo do que crin?. Os ovos das
tendas case non teñen calcio e por eso son mais brandos.
Pois ¿Este parvo, aínda non caeu do burro?
Ó perde-la aposta, meu irmán, sentiuse ferido no seu orgullo.
Buscou información do porque perdera. E atopou a solución para que lle
deras a rébancha.
¿E que fixo entón?
Foi a praia, e trouxo uns sacos de cascaras de berberechos, almexías
e mexillóns. Esmagounos todos e logo botounos no galiñeiro. Así cando
as galiñas comían as verzas, herba, pan e todo-lo que botabámoslle.
Podían picar os grans de cascara que tiñan a cal necesaria para
endurecer os ovos.
¿E eso por onde o sabes ti?¿Sei que ti estudias para científica?
¡Os libros Xurxo, os libros!. Se ti en vez de estudia-lo tute leeras
un anaquiño mais non perderías esas apostas.
¡¡¡Teu irmán fíxome trampas!!!, ¿Xa verá el cando chegue?
Non Xurxo equivócaste de novo. O meu irmán non te fixo trampas o
único que el fixo... foi darlle unha pequena axuda a ciencia. Así que
esquece o que aconteceu e prométeme que bailaras comigo unhas pezas do
baile, hoxe toca a París de Noia. ¿Ou non aprendiches a bailar, e toda
la túa destreza esta na baraxa?
¡Dacordo! Esquecido esta. E referente as pezas de baile... (poñendo
a man dereita a altura do corazón díxolle ¡¡¡Prométoche que
fareino o mellor co sei!!!. ¡E senón... para que estas ti! ¿Ou non es
ti a mestra de baile da escola de danza? Contestou Xurxo
Son, claro que son, pero os meus pes non teñen as cascas de ovo cos
protexan.
|