Falas do que acontece I

Francisco Alvarellos Maceira

n2franciscoalvarellosfalasdoqueacontece2.html


Falador





CÓDICE FALADOR:

- O Falador fala do que lle peta con respeto a presentes e ausentes.
- Fala a Fala.
- As Falas son opinión, non cátedra.
- O Falador procura non mentir porque entón non facemos ren.





FALAS:

- Do lúser e do güíner.
- Do radicalismo do ecoloxismo.
- A navalla de Okhan (preguntarlle a Santi se se escribe así).
- Sobor do limón ecolóxico.
- O Pastel de Dalí.
- A radioactividade dos penedos.
- Inexistença da memoria histórica. Correspondença a Pío Muela.








Do lúser e do güiner



     Tamén digo eu, que hai que ter coidadiño coa linguaxe. Unha de esas cousas que me aburren de palurdas é a importación desas dúas palabras (non conceptos).
     - ¿Qué carallo é eso do güíner e do lúser?
     A palabra "loser" en inglés tradúcese por perdedor. "Winner" é o antónimo; gañador. Serve por exemplo para diferenciar ou nomear ó que gaña nunha competición deportiva, ou ó que perde nunha aposta.
     Parece...
     Pois non.

     Disque o lúser é a persoa que non ten propiedades, cartos ou non é ningún dos estereotipos de película basurosa yanqui. Exemplos telos no cine, na televisión... Pero o que ves non é ó lúser. O que oes é a palabra con acento peiorativo. Porque o lúser non existe. Ende o güíner neither.
     De existir algunha persoa que mereza o desprezo, a indiferencia ou a lástima dos demáis, sería aquela que pensase que a xente mídese por algún tipo de porcentaxe. A xente é o que fai, non o que compra nunha tenda horrible.
     Poida que esta confusión teña que ver con que a xente non lea ou escoite nunca NADA.
     Recordaría o malfalante o conto do traxe do rei no que a máis simple das explicaciós sinceiras, derruban tódalas mentiras e hipocresías. As vergonzas. Aquel rei non era ridículo por estar espido. Todos estamos espidos baixo os trapos. Aquel rei era ridículo por mor da mentira e da hipocresía. Eso deshumaniza. Convérteste en motivo de risa e señalamento co dedo. Claro.
     Sería unha sorte que se vira un pouquiño a vergonza esa de nai, de sentires mal ún consigo mesmo. De claudicar na mentira por vergoña.
     Entón, ó escoitaren falar dunha persoa calificándoa de güíner ou de lúser, a mín dame asco, joder. Por moitos motivos, pero un deles: a pereza mental.
     Outro día comentaba o director dunha película de éxito recente que o que pretendía na peli era reflexar o momento de gloria do lúser no medio da súa vida, que a ollos de él, supoño será insulsa e insuficientemente espectacular para o argumento dunha película. Supoño que ós seus ollos, o que lle pasa á xente fora da gloria ou do programa rosa de tarde, non é ¿qué?.
     E que resulta que a vida non é cine. O cine reflexa a VIDA. Faino parcialmente, porque é limitado. Se a tecnoloxía desenvolvese un mecanismo para crear un periférico capaz de por exemplo facer sentir a dor ou as balas ó espectador, sería outra cousa.
     Pero de momento só contamos con imaxe e son.
     Non se pode reflectir claramente o sentimento do neno cando o enganan os maiores porque é así e punto. Él cala, pero sabe que aquelo é malo, é danino. Despois acostúmase, e ve as cousas como se existiran de sempre. Pasoulle o mesmo que cando viu ó can Epi por quincuaxésima vez. Deixou de perde-los estribos:

     -Mira, ¡un baubau! (isto ensinoumo Sofía).
     E deixou de ver o incríble e marabillosa que era aquela criatura.
     Eu espero que isto non lle ocorra ós meus sobriños (Dani, Andrea, Rodrigo, Eva, Laura, Aurora...). Espero que conserven a visión da marabillosa criatura. Sempre.
     Para o malo ocorre o mesmo. Ves as maldades da xente tantas veces, ves o maltrato á natureza, ós homes e mulleres tantas jodidas veces que xa parece normal.

     -Mira, ¡qué medo! (me dás).
     É unha obra de misericordia do noso Señor ensinar ó que non sabe. Esta é unha cita de Amancio afianzada xa na memoria colectiva.
     E leva razón.
     Somos entón reponsábeis da educación dos nosos nenos. Vaia perogrullada ¿non?. Pois claro que o somos. E dos non tan nenos. Porque con 40 anos non tes escusa. Os nenos van ás apalpadas, guiados moitas veces polos maiores. Os adultos non. Ti sabes o que fas. Sábelo. Entón algún vai levar unha colleja.

     As vidas das persoas son únicas, e valiosas.
     Entón comeza o problema coas palabriñas dos collós.
     Porque agora aparece o güíner. Ese pedazo de animal, con propiedades, cartos, e tódalas comodidades ó seu alcance para facer unha vida realmente espectacular. Por exemplo:

     -Pasear por una playa de La Indonesia, en un lugar paradisíaco a lomos de un magnífico ejemplar de elefante asiático, guiado por un orihundo con una vara.
     Ten o güíner a dobre carga de traballo que representa non só selo, senón aparentalo en todo momento.
     Resume moi ben todo isto o ensaio de Pistner sobre a área: pediríase por favor, se pode ser, que non se empregasen termos derivados dunha competición ecuestre para referirse ás persoas. Desa forma, evítaríanse malentendidos. Para mellorar na fala, para facerse entender, e para non ir por aí coma bestas, hai que intentar chamarlle ás cousas polo seu nome, non a tódalas cousas de calquera maneira.
     E entón o teu entorno mellora.









Do radicalismo do ecoloxismo



     Decía Emilio que a loita ecoloxista era radical porque dela dependía a supervivencia do individuo e da propia especie.
     Eu quedei alucinado.

     -Leva razón, carallo...
     A mín chámame a atención cando din entre bambalinas que o home vai acabar có PLANETA. Con TODO. Ñiió. Porque digo eu...
     -Joder, non sei eu se daremos con Él... Dunha vez por todas.
     Recórdame ó Epi. (Un can listo coma unha centella). Cando se ve así, recén lavadiño, despois de aturar esas liendres e pulgas que o atormentaban. Parásitos chupando do bote e poñéndoo en perigo. Entón agáchase como para coller forza (eu opino que tamén o fai para baixa-lo seu centro de gravidade sabendo o que vai acontecer) e axítase de tal forma que o condenado parece que tolea. E así retoma as cousas onde estaban, moi mellorado e listo para seguir. Para volver a comezar .
     Agora imaxino eu cando o planeta tolee.
     -Vai vir un pedazo de xeo como Groenlandia e vai afundir ata Boiro, porque sobe todo 2 metros.
     -Tí ríete.

     Outro comentario que me recordou que era certo referíase á presa.
     O inmediato que resulta replantexarse a supervivencia da especie. Non parece que haxa moito tempo para explicaciós ou para desmadexa-la trola sobre trola sobre trola que é para o teu ben que así non pagas luz e total iso é un monte aí non hai nada.

     Cagon diola
     -Pero a ver sen-sangue, ven paquí oh!..a ver oh!... escoitame aquí oh!...Pero tí...¡homiño de Dios!. Os árboles no te dejan ver el bosque...
     -Pero es que dan corticoles.
     -¡Que mires para as árbores mamón! ¡Alimanha!.

     E isto é algo real. Eu me miro e me temo. Non son harmónico. Fáltame coidar o medio. Coidarme.
     Nós non imos acabar có Planeta. É unha batalla perdida.
     -Apóstoche a que en 20 anos ...o Planeta...
     -Non che aposto nada, porque nono cobro.

     El vai acabar connosco. Porque as Leis da Natureza non as fixemos Nós e iso fainas infalibles como se de un deus se tratase.
     E esas Leis condenan ós seres que tentan acabar coa Natureza á extinción. O Planeta vive sen Nós. O Planeta funciona como algo que Nós (humanos) chamaríamos VITAL. Igual ca Nós, sobrevive. Pare vida. Seres.
     Hai quen pensa que será unha pena ver árbores só nas plantaciós industriais:

     -No meu tempo había árbores.
     -Tí sí oh!...

     Nós somos dunha complexidade acojonante. Pero igual nos quedamos nun bó experimento.
     A Terra ten tempo. Unha vez que termine a Era humana, Ela pode seguir. Verá moitas movidas INCRÍBLES. Que as vexamos Nós, depende dunha única cousa: que queiramos.









A navalla de Okhan (preguntarlle a Santi se se escribe así)



     Okham vén a dicir que a explicación máis sinxela dun acontecemento adoita a explicalo como é.

     Este non é como Murphy nen nada ¿eh?. Este ten gracia pero non tanta.
     A ver:
     -Igual o Sol te deslumbrou polo retrovisor xusto cando viches o cú do coche, e entonces vino un señor... un tal Alonso...
     -¡Non!. Non puseche-lo intermitente, mona.

     O doado é que non o puxeras. O difícil é o rollo ese (que podía ser).
     E digo eu tamén que xa recoñecidas certas imáxenes, comunicaciós e tal...O fácil é que sexan extraterrestres ¿non?. Alomenos algo que non coñecemos. Porque o rollo do prototipo que gira como ninguno non cola.
     -A luz do faro Cabo Ortegal difuminouse nunha nube en forma de cerro que proxectaba unha intensa luz titilante que se movía a velocidades impensables para calquera aparato deseñado polo home como se ve claramente nas imaxes.
     A putada dos que cremos nos extraterrestres é que temos que demostrar que nengún aparello fai algo así, despois explicar por qué non é posible que sexa un supercomplexo efecto lumínico, e encima temos que ensina-la foto do Plutoniano, e a poder ser un corpo para facer un experimento.
     Despois ves a navalla na tele3:
     -¡Ardeu o Windsor!
     E te emparanoias.

     -Es extraño... Menos mal que no había nadie.
     -Sí. Pero casualmente xa teñen os planos do "Windsor II: O Desquite". Xa que ardeu...

    
Cantas cousas pasan. Decía Groucho que qué casualidade que casualmente pasen tantas casualidades.
     -Afundiu o metro, familias enteiras cun palmo, e agora enchémolo todo de hormigón.
     Qué medo. Dá medo.

     -Na Coruña ninguén fala por medo ás repres-alias ?.
     -Ó Santo Pontificio aplícaselle un orificio.

     Vós estades de coña. Deixade ó pobre home tranquilo joder. Que está enfermo. Tremade vós un rato joder ...ou algo....
     Heille preguntar a Marqueze se pode un denuncia-la curia romana por molestar tanto a un convalecente encima tan bó home.

     -Non vai ser un máis papista que o papa.
     Dende logo o que non me pode negar Okanh é que hai cada extraterrestre por aí que flipas.









Sobor do limón ecolóxico



     Falábamos outro día con Kiko P.
     Din que é por Palabras. Algún xa lle dí Problemas. Eu sempre pensei en Perigo.
     Eu Personalmente, igual que moitos manexo nun MES 50.000 veces máis información que calquera persoa da miña idade hai 40 anos nun ANO, según fontes e picheles. Información de todo tipo. Pelis, música, documentos, TV, datos algorítmicos ou vectoriais ou ¡eu qué sei!...mp3. A publicidade.

     Este home coida o seu limoeiro con método.
     -E dame tempo de limpiá-las formigas unha detrás doutra cun cepillo, despois acabo o céspede folliña a folliña cun trapo e lle boto de comer ós coleópteros. E se non chove sácolle o polvo todo ó arbol. E ós limós, claro.
     -¿E todo eso pola mañán?. JOder!.

     Ten que haber un término medio.
     Non parece sano acometer semellante cruzada de mantenemento dun xardín. Con intención e a ventilación axeitada sempre podes levalo ben.
     O que non queda comprobado por non saberse esto mentres non se vexa, é se estou Eu preparado para recibir tal volume de información. Refírome á miña saúde.
     ¿Qué pode pasar?.
     Eu vexo que non é bó. No.Nono é.

     Ante as poucas posibilidades a curto prazo (non digo a medio) de que se tomen cartas no asunto por parte das mesmas autoridades que prohíben que ún se toque a súa propria Gaita, DEIXO DE CONSUMIR INFORMACIÓN.
     Home, de momento non marcho a unha escura gruta, pero marcho sen mobil a tomarlle unha ó Miúdez (un Lugar), non me baixo TODO na MULA. Non intento ver TÓDALAS pelis, non me acabo tódalas PANTALLAS.

     -¡E que se lle fago caso á tele arríncoche a cabeza e escupo!.
     -Tranquilo Jose,... ¡escoria mercromina!. Non mates.
     A Kiko aconselleille que empregara unha plancha de poliet...- de neve desa- empapada en pintura dourada, que xirando sobre o seu eixo vertical cazara á bandada de paxaros en pleno vó nun choque frontal para pintarlle a todos o pico cravado e evitar ter que pintar os merliños un a un.
     A min aconselleime coida-la cachola.

     -Haiche moitísimas movidas. Millós.
     -Efectivamente. Tranquilo. Non morras.









O Pastel de Dalí



     Claro, porque Dalí era un fulano que che pintaba un lienzo estraño e maravilloso.

     Podería facerche un retrato, e aparecer tí nel. Perfecto. Exacto. Unha foto.
    
-Mira qué líñas e qué forza.
     Despois faiche un segundo retrato e cando cho amosa... Unha visión alucinante.
     -Este tamén és ti.
     -Incríbleble.

     A min coa música agora dame a impresión de que comezan moitos polo segundo retrato.
     -Que non dé 3 notas limpas nunca me impediu toca-la guitarra.
     -E non debería. Case te obriga.

     Pero non me empezes pola peza sonoro-cubista, porque non vou recoñecer ren. QOSTIA. CagonoIndi.
     Pouco Rock ¿non?

     Sorte que hai algún ghamberro por aí facendo o que lle sae de dentro.
     -Déronlle o disco de criptonita e foi o rei.
     -Deusketecrew...Pois espera, que vou poñer a baixa-la mula do mobil.

    
Coa música e con moitas cousas.









A radioactividade dos penedos



     Investigando no máis profundo da rede, e atendendo a vellas lendas e falas, reflicto a teoría que explico:
     Nós, os montañeiros do noroeste da península, vivimos nun marco incomparábel retorto coma un buxo. Os aproximadamente miles de millós de toneladas métricas decimales de granito e pedra en xeral que nos rodea, xera un campo electromagnético ou o que sexa tan Intenso no senso de Especial, que se crea no individuo unha adicción física ó entorno.

    
Danse casos de persoas que tocan a pedra. Ou pasean polo monte sen outro obxectivo que pasear polo monte. Xente que vai á neve en troques de ir a esquiar, e mesmo urbanitas que buscan unha leira para plantar patacas.
     Vómitos ou mareos nas viaxes máis inenarrables denotan acchegamento ou alonxamento das rochas dependendo do sentido da marcha. Con todo, non sempre se producen estos síntomas.
     Outras veces o individuo mostra ensoñación e aturdimento. Permanece como ausente e maniféstase morriñoso.

    
Os máis dos especialistas e espertos expertos móstranse a favor dunha terapia a base de bloques graníticos e aconsellan ás autoridades impedi-la necesidade da xente de marcharen da súa terra por motivos alleos á sua vontade para evita-lo MAL.
    
Tal acontecemento de comprensión do problema, estase agora aplicando en distintos lugares do mundo, e de seguido, aparecen novos informes sobre xentes que añoran o calor da súa terra, a area do deserto, a humidade da selva, o bater do mar, e mesmo a familiares e amigos.









Inexistença da memoria histórica. Correspondença a Pío Muela



     Semella que a liberdade de expresión é dicir tódalas tonterías que lle dea a un a gaña. Pois non podo deixar pasa-la oportunidade...

    
Eu non diría que non haxa "aproveitamento" partidista de acontecementos históricos por parte da esquerda. Tampouco o diría da dereita. Nin antes do 34, nin despois do 48. Pode que nunca.
     Pero o que non é de recibo, é ese discurso pseudo-científico de matización, difusión de errores, confusión ó fin, do que sempre fixeron uso e abuso os que pensan que o bo goberno é o que todo o sabe.
     O que sabe sobre algo é o que coñece, o que domina unha materia. O bon goberno é o que se serve do que sabe para facerlle a vida máis fácil ós demáis (que para iso se lle paga un salario). Eles son os que dan as claves. O goberno executa esas líñas de actuación para BEN. O demáis é IGNORANCIA.
     Se as reaccións dunha sociedade son violentas, é porque existe malestar. Intentar xustificar ou xulgar unha ou outra matanza é de tolos. Cre o tolo que ún esperta pola mañán e di:

     -Hmmm... non sei se ir a currar ou poñer unha bomba lapa. A ver ...Euro ou Leonardo Da Vinci...
     Non son cartos, nen economía, nen coche, nen hipoteca ao tal por cento.
     É fame, é confusión, é desesperanza e futuro incerto. É TRABALLO. É salario digno (dereito Constitucional). É VIVENDA (¿sabe alguén explicarme o que é o dereito?). O dereito non se concede, posúese. O goberno non concede dereito. O garantiza.
     Moitos cren que o PIB ou a renta per cápita é indicador de algo. ¿Benestar?.
     ¡Unha merda!.

     Ou sexa, que en Asturias non pasou ren ¿non?
     Ou sexa, que en Euskadi non pasa ren ¿non?
     Ou sexa, que hai un ano non estabamos en guerra ¿non?
     Claro que habería que matizar, e bla...bla...bla.

     Asesinos con petos cheos de billetes. Mala educación. Parece como si as nais desapareceran. Estaría ben recupera-la VERGOÑA.
     Nada é utópico. Para todos TODO. Os cartos non existen. Tódolos cartos son falsos. Os cartos son o traballo da xente. É unha forma de medir, de pondera-lo traballo, non un ben per se. Logo están os tramposos, claro.
     E sí, hai xente disposta a matar polos seus dereitos e os dos seus pais.

    
Os meus dereitos non mos concede nengún Romanones nen nengún
     Alcalá-Zamora. Os meus dereitos son meus. Nazo con eles.

     Terrorismo, Inmigración..., problemas. Sí, son problemas, e en vez de poñer tódolos recursos da xente (o seu traballo) ao servicio da súa erradicación, pode que o que haxa que facer sexa ERRADICALOS.
     Responder a por qué existen eses problemas.

    
-Non hai que evitar que veñan inmigrantes, hai que evitar que esas persoas teñan a necesidade de emigrar (dixo un galego).
     Pero claro, entón non poderíamos ir no noso brand-new-car do anuncio quemando gas-oil, porque primeiro habería que ofertar mediciñas aos Nigerianos, e nós teríamos que conformarnos cun utilitario eléctrico cojonudo e limpo que non pasa dos 140 Km/h.
     -Esperade a que 1000 millós de chinos comecen a usar papel hixiénico...
     -¡Cagámola!.
     Merda para os neo-con e a súa molesta letanía. Se os nazis mataron a tanta xente e todos o condenamos, (claro que semella que non se pode molestar as moas da xente coa palabra nazi porque sería mentira ROXA ¿ou é que tampouco foi para tanto?). ¿Quén condena ás economías occidentais?). Neoliberais que tamén matan e de qué forma.
     -¡Son peores que os nazis, porque enriba van coa Lei na mao!.
     - Non grites que se che entende todo.
     Se queres petróleo, ven a recollelo á costa. E logo lárgate (logo lárgate). Eu o que preciso é comer, traballar, cria-los meus fillos e coidar ós meus pais... Porque todos temos pais e avós ¿verdade?.
     ¿Cándo foi a última vez que lle preguntei á miña mai cómo estaba?. Como se fora un colega que atoparas pola rúa. Algo como para enterarse de verdade se está mellor ou peor. ¿Cántos anos leva esta muller traballando?.
     Sabe Dios.
     Non. Sábeo ela. Heille preguntar.
     Pasa o tempo.Tamén preciso durmir (¿qué tal durmes tí?).

     ¿Ou é que segues durmido?.





Falas do que acontece



Compostela 2005

Idea orixinal : Francisco Alvarellos Maceira
Ilustración: Adolfo Palacios Fernández
Corrección: Teresa González Da Silva
Dixitalización: Victor Agra Chacón





logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega