A derrota dunha guerra

Gorem

n2goremaderrotadunhaguerra.html

Ariete de rencores nauseabundos
loitando por apagar a dor
que chaman a miña porta pechada
ca maldade do corazón.

Inxuras que voltan co vento
Penas que non se han de chorar
Momentos perdidos da vida
¡quen quixera recordar!

Escoito os choros que me matan
Esas guerras que eu vivin
Os chanzos que caen do ceo
Hoxe estan preto de min.

Recordo os dias de sorrisos
Cando valia a pena vivir
Agora espero outro tempo
Que se agocha tras de ti.


Enterrannos vivos na fosa
Pechannos a boca dun golpe
xurden dun tempo pasado
recordan que vivir e morte.

Alma choida que me afoga
O recordar estas cancions
Sinto tan preto esta morte
Que non calma a miña dor.

Este camiño xa remata
Hoxe deixo de loitar
Aquí fica o meu corpo dormido
Que me fire o respirar.


                                         Tinin.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega