Adiós, por sempre adiós

Gos

n2gosadios.html

Paseando ríu arriba,
amodiño baixo a sombra da ribeira,
fiquei mirando onde pousaba unha raiola,
e no cómaro, escondidiña, atopei unha violeta,
unha tímida, máis fermosa, violeta,
acaricei as súas raíces con amor de terra,
leveina comigo, feliz, cheo de xúbilo
unha tesouro no cofre da primaveira.

Pranteina no medio do meu xardín,
coa ternura de quen é pai por vez primeira,
rodeada de narcisos, xacintos e lirios,
da sempre olorosa madreselva,
de fachendosas dalias de cen cores
de rosas nas pomposas roseiras.

O veren a miña pequena violetiña,
mofáronse todas dela,
"pobre descolorida, tan pouca cousa,
só nos cómaros nacen as malasherbas".
Entre as risas e as mofas de quen non sinte,
íase murchando a prantiña coa pena.


Entón funme co silencio, acobardado,
baixando a cabeza,
e quebrouseme o corazón
por sentir vergoña dela.

Revireime, sentín palpitar o peito,
falou por min a nai natureza:
"cóllea e lévaa lonxe,
que non merecen nin tan sequiera vela,
que se as flores non a queren,
que medre entre as silveiras".


E así o fixen, ca dor de quen perde un fillo
leveina ó cómaro de onde a trouxera.
Dinlle un bico, regueina coas bagoas,
escondina entre as herbas,
amareina por sempre na noite en silencio,
pero xamais se volverán mofar dela.



Con esta poesía quero reflexar o desencanto que atopei nesta web, viñen coa mellor das intencións, intentando compartir sentimentos. Sei que as miñas verbas poden carecer de moitas cousas, coma a tímida violeta, pero o primeiro que define a un poeta é o sentimento, e aquí non atopei máis que ansias de grandeza, de "que diferente soy y que progue", non vou xeneralizar, pero hai moito urbanita, fachendoso, que seguro que non mamou desta lingua como fixen eu, por iso, porque me sinto moi galego e moi apegado a esta lingua me doeu tanto as críticas inxustificadas. Hai que gardar as maneiras. Por eso me despido de vosoutros. Mañá irei falar cos allos, votar as pitas fóra e votar unha mexada ó pe dun ameneiro. Mentres moitos de vós estaredes mirándovos ó espello, que vos aproveite.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega