Amargura núa

Gos

n2gosamarguranua.html

Son quen non quero ser,
e non podo facer nada por cambiar,
que querer ser quen non son
non me levou a ser senón
anhelo da realidá.

E deixo de vivir por anhelar,
por aferrarme á negación
por non acata-la traición
daquel que decidiu de antemán
que debería ser como son.

Non vivo, sobrevivo con pesar,
eu fillo da inconformidá,
apelo por xustiza non escrita,
por leis que non hai,
que entre os homes só hai malicia
e Dios non me quere escoitar.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega