A historia que vou relatar comezou cando os
meus amigos e mais eu decidimos emprender o Camiño de Santiago o pasado
verán.
O 12 de
Agosto foi un día moi soleado. Ía moita calor, e Catuxa e mais eu
decidimos ir á piscina para nos refrescar. Estivemos alí toda a tarde,
e na
nosa mente xermolou unha idea xenial: facer o Camiño de Santiago pola
Vía da Prata. Non semellaba tan insensato: só había que preparar todo
e determinar a data de saída.
O día 20 era ou meu aniversario, poderiamos
saír ao día seguinte, se nos atopabamos con forzas suficientes; ese
día comentámoslles aos nosos amigos Uxío e Xoan as nosas intencións
e... apuntáronse a acompañarnos!.
De feito, ao día seguinte estabamos dispostos
a emprender a nosa grande aventura, ás sete da mañá!
Desprazámonos a Canda (Ourense) en autobús, e
unha vez alí decidimos visitar o concello. Despois continuamos
camiñando, pasando por Vilavella
(onde hai unha igrexa adicada a Santa María da Cabeza), O Pereiro, O
Cañizo e A Gudiña. Ao rematar este percorrido, a noite ía caendo
lentamente, e as nosas forzas fraqueando, polo que decidimos repousar no
albergue de A Gudiña, onde fomos moi ben recibidos.
Esgotados, o sono axiña acudiu a auxiliamos.
O día
seguinte comezou ás oito da mañá. Xantamos e partimos cara a
Monterrei, pasando polas Ventas da Barreira, onde visitamos a súa
igrexa barroca, Trasverea, Mirós e Fumaces; acercabámonos, pois, a
Verín, o fértil val de Monterrei. O seu legado histórico conta coa
igrexa barroca da Merced e algúns pazos urbanos; outro espectacular
edificio é ou seu castelo con murallas medievais. Nos primeiros tramos
case non falabamos, centrados como estabamos en resistir ao máximo,
pero pronto o desexo de conversación invadiunos. Uxío e Catuxa
comentaban a parte histórica, mentres que Xoan tentaba "seducirme
"coas súas batalliñas, tan típicas dos rapaces.
Esa noite debiámola pasar no albergue de
Monterrei. Unha ducha reparadora, unha boa cea, a cama... e, de socato,
o móbil de Uxío que soa... e logo, un misterioso silencio pola súa
parte.
De novo,
outra xornada de loita contra a canseira: Cara a Sandiás pasando por
Trasmirás, Albarellos, Infesta, Reboredo, Mágoa (en Cualedro) e
Viladerrei, o val de Limia, Portos e Boado para entrar en Xinzo; aquí
atópase a igrexa de Santa María de Xinzo. Máis adiante, Vilariño de
Poidras, Couso de Limia, e por fin Sandiás (fin da xornada), coa súa
igrexa paroquial de San Estevo. Uxío apenas falara ese día. Aquela
estraña e misteriosa conversa telefónica deixárao como mirrado,
preocupado, e nosoutros non eramos quen de actuar ante esta situación.
Xoan decidiu entón non parar ata saber que lle
preocupaba ao seu mellor amigo. E conseguiuno. Uxío, finalmente, contou
que a chamada recibida fora anónima, e nela informárono de que un de
nós os catro falecería de maneira misteriosa en calquera xornada do
Camiño.
Ficamos pampos, sen dar creto ao que os nosos
oídos escoitaban.
Uxío insistía en que non nos dixera nada
antes para non preocuparnos, pero agora si, agora a noite
presentábasenos eterna e sufocante. Porén, as horas foron calmando os
nosos ánimos e decidimos que seguramente aquilo viña sendo unha
brincadeira de mal gusto que debiamos esquecer.
A mañá
seguinte retornamos á nosa rota coa fin de chegar a Ourense, visitando
Piñeira de Arcos, Coedo, Torneiros, San Salvador de Penedós coñecida
polo Cristo románico de madeira dá súa igrexa e Allariz, con igrexas románicas de San Pedro, Santiago, San Estevo e San Xoán
de Vilanova. Despois, Roiriz de Abaixo, Roiriz de Arriba, Rubiás, San Breixo, Turzás e Vila, onda Armeá. Antes de chegar a Ourense, a
nosa meta para ese día, pasamos por Taboadela (que na súa igrexa garda unha
talla de Santiago Peregrino no retablo e na fornela da fachada),
Abeledo, Pereiras e o concello de San Cibrao das Viñas por A Castellana e Ponte
Noalla. Entramos en Ourense por San Breixo de Seixaibo, que posúe igrexa barroca, capela medial e cruceiro.
O cansazo foi o noso aliado para
esquecer a chamada. Todo o camiño é interesante, hai tantas cousas que ver, tantas igrexas que
visitar... De novo, o optimismo e a ledicia invadíronnos.
Ao día seguinte debiamos chegar a Cea, o
noso reto dese día. A saída de Ourense, o Camiño enlaza unha serie de pequenas localidades
deste concello e os de Amoeiro, Vilamartín e Cea: Cudeiro, Tamallancos,
Pereiras, Sobreira, con parte histórica e pazo de Vilamarín,
Faramontaos, Viduedo e As Casas Novas, xa ás portas de San Cristovo de Cea;
na parte norte da aldea, nunha finca arbolada, visitamos o santuario de
A Nosa Señora da Saleta e o grande monumento da bisbarra, o Misterio de
Oseira.Completaramos a xornada. Xa no albergue, as sorpresas. Uxío pediu a Catuxa falar con ela a soas... e Xoan fixo o propio comigo!.
Pero, ¿que lles pasaba a estes dous?
Teño que dicerche algo
díxome Xoan
ao acabar de cear.
Que ocorre?
Durante este tempo no que fixemos o camiño, deime conta de
que sinto algo por ti.
Nunca o imaxinara
Xa sei que isto é unha sorpresa continuou pero gustaríame que,
alomenos, o pensaras. Ao final do camiño, se che parece, falamos.
Está ben.
Pensativa, achegueime á miña cama.
Pouco despois chegou Catuxa, demasiado sorrinte, mesmo.
Que che quería Uxío? pregunteille
Non o vas crer!
Veña, sóltao xa forceina, intrigada
Uxío declaróuseme. . .e bicoume!
Uxío está namorado de ti? preguntei, incrédula
Iso di. Espero que sexa sincero.
E ti, que sentes?
Díxenlle que debía pensalo. Que che quería Xoan?
O mesmo, pero sen beixo!
Á mañá seguinte ficamos os catro
durmindo máis da conta. Tantas emocións! Pero pronto estivemos preparados para seguir a
nosa rota, sobre todo nós as dous. O previsto era chegar hoxe a Silleda, o noso concello. Os rapaces, ao contrario que nós, ían máis
ben mustios. Terían medo ao rexeitamento?
Debiamos pasar Cotelas, Piñor,
Arenterio, O Reino, Carballeda, Castro de Dozón, con igrexa románica digna de mención, Mosteiro, Santo
Domingo, e concello de Lalín: Paxallos, Pontenoufe, A Xesta, Medelo, Mesón de Cuñarro, Botos, Donsión, Campo, Lastrada e Prado.
Por fin, Silleda!. O noso destino deste día: durmir no cámping de
Medelo.
Ao dia seguinte, foi Xoan quen nos
espertou: hoxe é o último dia; a nosa aventura está a punto de acabar, berraba contento.
Non sabiamos que a nosa aventura estaba a
punto de comezar... Seguimos o camuflo por Bandeira, Piñeiro, Castrovite, Loimil e
Oca. Unha vez aquí, diríximonos a visitar o seu afamado pazo, o Versalles galego.
Pedimos ao guía ou conservador que nos contase a súa historia:
O tempo e a historia foron mudando o
pazo de Oca. Tivo a súa orixe nunha torre defensiva militar, pero unha vez acabada a época de guerras
converteuse nun edifício de carácter civil. A orixe dos Señores de
Oca foi nos tempos do rei Don Pedro de Castela. No século XV é Suero de Oca
quen posúe o pazo, casado con María Gómez de Soutomaior. As guerras feudais entre a nobreza galega e o clero fan que este perda as súas
posesións, a súa honra, e a súa muller, quen falece de mágoa tras
ser abandoada polo seu home, fuxido tras os enfrontamentos. Este acabou os
seus días como monxe no mosteiro de Oseira. Cos anos, o pazo pasou por moitas mans, pero o propietario máis destacado é, quizais, Andrés
Gayoso.
Mentres nos contaban esta historia, todos
tentabamos entender a súa relación connosco. Que tiñamos que ver con todo isto, e por que un de
nós
debería morrer, segundo dixera a voz misteriosa por teléfono? Esta
mesma pregunta foi a que lle fixemos ao encargado.
E este pediu continuar a súa historia:
Soutomaior faleceu de mágoa. Desde
entón, todos os anos nesa data, ela volta dende o máis alá a levarse unha rapaza namorada
que sofre de amor, para que así todos lembren o seu propio sofremento. Esta noite, ás doce en punto, soará o
reloxo da capela. Vós as dúas tendes que saír aos xardíns principais e, xunto ao estanque, Dona María
falará convosco.
Dirixímonos entón aos cuartos do pazo,
sorprendidos e arrepiados. Ao mesmo tempo, desexabamos fuxir, pero tamén coñecer o desenlace. A
intriga puido máis que o sentido común. Perto xa as doce da noite, os
nosos amigos non se conformaban coa idea de nos deixar ir soas, pero convencémolos, posto que así debía ser. Catuxa e mais eu
dirixímonos, por fin, devagar, ao estanque. Unha vez alá, as nosas mans
collidas para nos
dar forzas, presas de pánico, vimos como unha luz moi poderosa baixaba do
ceo e situábase ante nós. E entre os destellos, alá estaba ela,
María Gómez de Soutomaior, cunha alba túnica, bela, moi bela, poderosa na súa
fermosura case transparente.
E comezou a nos falar:
Ti es a escollida, Adriana díxo
...? Non conseguín articular a miña pregunta, por que eu.
Escollinte a ti porque estás a sufrir polo amor de Xoan. E se
non consentes en vir comigo, convertereime nun monstro que te levará igualmente á forza.
Eu, estarrecida, vin como de repente
aparecía Xoan berrando que non o consentiría e botei a correr cara a ningunha parte,
perseguida por un diaño de luz negra, que á súa vez era perseguido por Xoan; os meus
xeonllos tremían e as miñas pernas obedecían a un pánico atroz que
xamais sentira. Cheguei á capela e nela agocheime. Pouco despois entraba Xoan,
tentando protexerme, pero o monstro axiña nos localizou, e aínda que tentamos despistalo, sentín como unha pouta afiada se chantaba no meu
lombo, e como o sangue comezaba a brotar; caín ao chan, sen forzas, deixando que o meu corpo se extinguise, ouvindo loitar a Xoan, berrando
que nunca permitiría que iso acontecese posto que me quería
sinceramente, pero as súas palabras soaban cada vez máis afastadas e eu
sentía que a miña vida se ía... Entón, Xoan quitou do seu peto un
coitelo tallado da cor da luz do sol e chantoullo a Dona María no corazón,
pronunciando aquelas palabras máxicas: "Quérote, Adriana, e
sempre te quererei". E con estas palabras, Dona María foi desaparecendo, e
conforme ela ía minguando as miñas feridas ían cicatrizando, voltándome a
vida que eu crera perdida.
Voltei a nacer. Erguinme moi cedo,
ollando con novos ollos todo o que había ao meu arredor; o mundo era, efectivamente, un lugar moi fermoso.
O sol saía por entre as montañas e os paxaros cantaban. Preguntábame se en realidade todo fora unha pesadelo; pero non, alí
estaba Xoan, solícito, inquirindo que tal me atopaba: el tampouco puidera
durmir. As nosos olladas cruzáronse en silencio: sobraban as palabras.
Última xornada de Camiño: hoxe debiamos
chegar a Santiago. Arnois, Vedra, Gundián, o pazo de Santa Cruz; Eiravedra, Afos, Francés,
Outeiro, Cumbraos e Sobrado. Concello de Boqueixón: Rubial, Lestedo. Marabilloso Pico Sacro, ao que non subimos, pero moi vinculado á
tradición da Translatio do Apóstol Santiago desde Iria Flavia; case no
seu cume está a ermida de San Sebastián. Máis alá, Susana, Panadela,
Corexo, Piñeiro, Angrois, Cruceiro do Sar e... Santiago!
Con tanto pedalear case non tivera tempo
de falar con Xoan do acontecido a noite anterior. De onde quitara aquel coitelo? Sentía
realmente o que lle dixera a aquel monstro-anxo que me atacara? A primeira
pregunta contestou de moi boa vontade: o propio coidador do pazo informárao de
que só con aquela arma podería vencer. A segunda... fíxose máis de
rogar.
Estabamos en Santiago: Virxe da Cerca,
praza de Mazarelos, Costa de Xelmírez, praza das Praterías; dende esta accedimos á
catedral: Comuñon, Pórtico da Gloria, Capela das Reliquias, Tesouro da Catedral
e Claustro. Impresionante. E o mais fermoso que vin na miña vida. Pregúntome cantas marabillas así haberá no mundo. Tento imaxinar a fe
daqueles homes que foron capaces de a construír nesa época, as súas
mans acariñando a pedra, traballándoa... imaxinarían algunha vez o
importante feito realidade? Imaxinarían cantos millóns de persoas, devotas ou
non, pasearon estes chans, tocaron estes muros, admiraron tanta beleza?
Xa no exterior, a Cripta do Pórtico da
Gloria, o Pazo de Xelmírez, o museo catedralicio; a praza do Obradoiro, a praza da Quintana, a miña
preferida... semella que todos estes séculos de historia se apoderan de cada un dos
corazóns que alí arriban. Que paz tan admiráble, de repente!
Por fin, de volta ao fogar. Moito cansazo
acumulado, moitas novas sensazóns, medo, amor... tiña a cabeza embotada, o corpo magullado, os
nervios a flor de pel... por fin, a miña cama, a miña mulida e
desexada cama: necesitaba un soño reparador, pero tamén necesitaba falar do
ocorrido, saber o que sentía Xoan... Con todos estes pensamentos, o
sopor invadiume.
Ao día seguinte, os catro amigos
inseparábeis voltámonos a xuntar, ¡e vaia se nos xuntamos!: Uxío con Catuxa, e Xoan comigo. Por fin confesou
que o seu amor era verdadeiro, e eu sentinme dobremente feliz: feliz porque atopara o amor e feliz porque o Camiño de Santiago nos fai ver o
mundo doutra maneira, nos permite coñecer lugares inesquecíbles e nos proporciona unha paz inimaxinable. |