BVG Voltar atrás |
n2helenasandediagnosticoinfeccion.html
Bisturí. Abre. Desterra os pensamentos infectados.A inocente vista das retinas do naipelo,
agora vellas paisaxes en Branco e negro.
Agora enfermas e case podres, cheiran a morte.
Penicilínicas curas de médicos ateos,
máxicos remedios de hastiados santeiros.
E agora, o corpo descomponse máis ca nunca.
E agora, a mente (cataléptica) esquece máis ca nunca
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |