Unha vez máis, o Xenroso non quixo faltar a
esa cita anual cunha festa popular e coñecida por todos: o Antroido.
O Antroido é, sen lugar a dúbidas, esa
celebración na que as pintas e as maneiras de cada un son o de menos; o
único que importa é pasalo ben e botarnos unhas boas risadas.
Como ben dixen antes, o noso instituto non
quería ser menos e uniuse a esta festa aportando un variado concurso de
disfraces, unha venda de filloas e orellas e como non, unha sesión de
risoterapia irresistible.
Comezando polos disfraces, debo dicir que na
variedade está o gusto, e dende logo, diversidade había a moreas:
dende un embarazo masculino, que por certo saíu gañador do concurso,
ata uns raperos, pasando por unha romaría ou unha voda de lesbianas
entre outros disfraces.
Pero se alguén se aburría ou cansaba, cousa
que creo difícil, os alumnos de 4ºESO puxeron, ás portas do
polideportivo, un posto de filloas e orellas, co fin de recadar cartos
para excursión de fin de curso.
Dende logo, foi un día moi animado e que
culminou coa chegada da comparsa dos profesores do centro que, por se
existe algún despistado que non se decatou, ían disfrazados de vellos,
algo pouco difícil porque o vestiario xa o tiñan e as enrugas tamén
¿non? (jeje!).
Bueno, unicamente me queda facer unha mención
especial a todas aquelas persoas que, seguindo unha tradición moi
antiga, amenizaron a mañá lanzando ovos a todo aquel que se atopara
nun radio de dez metros, sen marxinar a profesores e conserxes que
tamén levaron o seu, bueno, eles e os seus coches, claro.
En fin, como puidechedes comprobar foi un
Antroido do máis movidiño, pero a verdade é que foi típico do
instituto Xenroso.
|