Delirio de malenconía,
dos coitelos do aire
nace unha brisa malina.
¡Qué tristeira decorre a noite!
¡Cánto alónganse os días!
Nas costas da ialma
brota unha chaga fría.
E o frío da morte
que a mente a maxina.
Ideas de tolo que voan
na súa testa valeira
ateigada de sinrazós
mais valeira de vida.
O tempo escorre nos seus dedos
o amargor do acibre.
O tolo cavila e sospira.
Non sei qué cavilan os tolos
que, cando eles sospiran,
o mundo enteiro ábrese
en sorrisos repentinos.
As estrelas rín todas
do tolo pesimista
que arela atopar a morte
do mundo nos catro cantos.
Delirio de malenconía,
dos coitelos do aire
nace unha brisa malina.
|