Non se ven as lumeiradas de San Xohan
dende a miña terraza.
Cicais foi a iauga.
Cicais foi o vento.
Cicais foi a terra.
Se cadra os cans,
que na noite ouvean
por non coñece-lo seu destino
i esquencer
o longo camiño andado,
fixeron tremer á xente.
Ó mellor foron as meigas,
cedendo as suas cómodas basoiras
a tódo-los que durmen
sen espertar perante os pesadelos.
Antes na noite de San Xohan
a terra tornábase en ceo
alumeado por milleros de estrelas.
Hoxe nin sequer o ceo é ceo.
Non se ven as lumeiradas de San Xohan
dende a miña terraza.
Se cadra xa non hai máis lumeiradas.
San Xohan do 2004.
|