Dentes que morden e desgarran
a carne dunha perna arrincada
dun corpo mutilado.
Ciscadas polo chan
as faces sen ollos choran sangue.
Cabezas sen corpos.
Os pescozos degolados
aínda sinten o aceiro que os desgarra.
Os dedos hoxe fican liberados das mans
sinalando un ponto cardinal inexistente.
Reventan os ventres das nais
e con ganchos de fervente aceiro
as lingoas dos que saben falar son arrincadas.
Aos nenos que choran
sen que ninguén os escoite
ábrenlle coas mans a mandíbula ate racharlle a pel,
ate parti-la gorxa e separa-los olliños,
eses olliños que non saben que é o que pasa,
do resto do seu corpo pequerrecho.
¡Resistide Chechenia, Kurdistán, Palestina...
resistide nacións asoballadas,
oprimidas por mosquitos que nos chuchan
o ouro, a terra e a substancia negra!
(¡Que triste que o teu pó sirva pra isto!)
Resistide!, Resistide!, Resistide!
Loitade!
Pero non esperedes reciver
a axuda duns deuses
que por riba de ser terribeis
non existen.
Enfundádevos na bandeira das nacións,
na bandeira laica.
Bicade o confalón que máis amades.
Izade o símbolo
do pobo.
Forza!!!
Patria!!!
Liberdade!!!
29 de Maio do 2004.
|