BVG Voltar atrás |
n2lilithalmaeivada.html
Mirarme,
Ollarme
nese intento baldío
nesa abafante anguria.
A vida, como dixo o meu amado Altazor,
é unha viaxe en paracaídas.
As miñas mans
cos dedos estalicados como
aramios da luz:
o proceso neurótico
de atoparse a un mesmo.
A ALMA EIVADA DO CORPO
Todo segue igual
os días suceden ás noites
e ás veces ás noites
sucédenas as sabas.
Arestora
no ciclo
da dor.
O sangue crepita no corpo
e a alma levita no lombo da tarde.
Velaí A ALMA EIVADA.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |