Ranorga

Lontano

n2lontanoranorga.html

Arredor da derradeira escuma das praias do mar de azufre
Vixiaremos ó solpor lonxano das horas no alto:
O faro que emerxe da marxe da vida e da noite na entropía dos
instintos fugazes, vixía dos nosos movementos,
dos nosos movementos que coma sombras xa non nos pertencen
Alén-mar as vagas nacen do ventre dos trópicos
alén-mar as vagas mecen a mácula dos soños
Paradiso lonxano
Os pioneiros da viaxe gardan as suas descobertas na cantimplora das estrelas.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega