Galiza, nas súas tradiciós máis puras,
amósase sempre vencellada ao lume, mais, ao contrario que noutros
povos, no noso iste actúa coma elemento criador. Poderíase mesmo dizer
que as nosas costumes, as nosas tradiciós máis espritoaes, están
forxadas e gravadas a golpes dun martelo que fai desprender milleiros de
faíscas a escintilar asustadas pola guerreira quietude do luar celta.
Galiza, coma Eire, Escocia, Gales, Man, Portugal e a Pequena Bretaña,
é unha terra mística. A súa Raza amosa un misticismo fora do común,
que mesmo sobrepasa as barreiras da relixión. O galego non ten que
inventar falsas apariós de santos inventados, non, a súa mística
consiste na presenza cotiá das apariciós da Terra. A paisase. A imaxe.
É a nosa unha Nación de imaxes, vencelladas sempre a sentimentos, pois
os galegos, antes que pola razón, nos guiamos polos sentimentos. Somos
seres románticos, mais a simple vista pode semellar que coma povo
carecemos de anceios; nos comformamos co panem et circenses. Non é
esatamente eisí. Temos anceios, anceios míticos, que nos fan sempre
voltar a tempos idos, sempre ó pasado, ate chegar ao intre en que
eramola capital do Occidente, do Norde, a capital románteca do mundo. O
faro, feito realidade polo Pai Breogán, de toda a Zeltia. Faro pra
alumeala noite, pois Galiza, ó igoal que se amosa coma Terra durante o
día salferido de choiva, é pola noite cando deixa agromala súa Raza
úneca e auténtica. Na noite reviven tódolos espritos disa Céltiga.
É, seguindo co fío do comezo, o elemento do lume o que fai reviver
ises espritos, o que alumea as danzas druídicas que aínda se realizan
ó seu redor.
Por suposto é na noite de San Xohán cando
afloran con máis forza os sentimentos de Raza, común a un povo rexo,
forte, que se amosa invencível, pois a Galiza nengún, por moito que o
tentaron, foi quen de domala, de rematar ca súa identidade. E mentres
hai vida hai loita. A Raza, o sentimento de Raza, parece nacer da Terra,
rubir polas lapas e voar da lumeirada, arrincada polo vento que nos trae
noticias de terras irmás, espallándose polo aer en forma de cheiro.
Cheiro á noite de San Xohán. Cheiro ao derradeiro sol que co seu
último fío alcende lumes que fan nas herbas amontoadas nalgún dos nos
nosos eidos traballados por más labregas, terra da Terra. Rexenera.
Torna en Todo o que antes era unha parte. Mais a Raza, sendo coma é
froito da Terra, pertence coma elemento ao povo, ao seu conxunto de
povos. Cando o povo non comprende ao lume, síntese de toda racialidade,
iste amosa o seu enfado queimando os montes.
Ouro amigo do lume é o augardente. Unha imaxe
puramente céltica é a do lume a deslizarse sob da superficie da
queimada antre entoaciós de máxicos conxuros e verbas espritoaes, que
chaman polos deuses dos nosos antergos pedindo a súa axuda contra as
meigas que nos atemorizan no presente. O augardente faise queimada co
lume, pro iso non siñifica que iste non seña o que o enxendra dende un
primeiro intre. As uvas nos acios ínzanse de lume ao madurecer, todo o
lume que o sol fixo penetrar no seu interior dende cada mencer de
brétema e orvallo ate cada románeco solpor. O lume do que a nosa
estrela empreñou concupiscente a cada froito. As uvas que mdran das
nosas vides non son máis que auga, Terra e lume. E o lume, que se
esvaece ó seren arrincadas, retorna a elas cando fermentan mornamente
en viño nas adegas. Dimpois, o augardente parece de novo esquencelo
lume do viño. Por iso os galegos o tentamos recuperar fazendo a
queimada.
O lume, polo dito, pode semellar un elemento
exterior, da natureza, da paisaxe. Tamén é, nembargantes, interior. A
personalidade do Povo galego cociñouse no lume das lareiras. O lume
nacido das madeiras das arbres máis antergas i arraigadas á Terra. Un
dos destinos de tódalas mulleres galegas é o de ficar viuvas na súa
vellez a carón do lar, soíñas, alimentando de cando en vez notos
inconscientes, desagradecidos, que só saben esquencer. A muller galega,
a velliña, remata por ser sempre viuva. Vive moito máis que o home. A
muller galega, só a galega, refrexa nos seus ollos o noso lume celta.
Lume fidalgo. Lume labrego no eido e mariñeiro
na praia. Lume de Breogán. Lume de Prisciliano. Lume de Xelmírez. Lume
suevo. Lume de Ordoño, de Sancho I, e úneco, e de García. Lume de
trovadores e xograres. Lume dos Bós e Xenerosos. Lume dos mártires, de
tódolos mártires. O noso lume. Galegos que sodes lume, queimade! Non
nos deixemos apagar pola iauga dos caudais que se achegan dende lonxe.
Bebamos nas augas do Pai Miño, que ferve coma ferve o noso sangue
tantas veces derramado. Nas súas augas, que son augardente, pra
alcendela nosa chama!
Viva Galiza
Ceive!!!
|