BVG Voltar atrás |
n2maxestreyatestamentodeunmomentomiserable.html
ESPAZOS DE TEMPO/TEMPO DESPAZO
«"futurando" xuntos sen movernos do agora».
Entre ti e eu non quero espazos de tempo;
Quero
que
pase
o
tempo
despazo
entre
nós
cando
esteamos
xuntos,
circunloquios temporais
como instantes que retardan o último suceso,
perífrase de area;
e ser así apenas golpeados,
rozados suavemente sen feridas
de agulla,
eliminados entón do futuro:
Contigo ser, eternamente,
Paisaxe suspendida no agora, para sempre.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |