O inspector,
que facía o seu traballo,
informou,
mediante misiva sobre das armas.
O ianqui,
atopou a solución ós seus problemas.
Déulle volta á tradución.
do mesmo xeito que
fan os vendedores de «hot dog»
coas hamburguesas
E a misiva sobre das armas,
pasou a ser
as armas de destrución misiva...
Buscou entón a un españolito
con sede de medallas
e a un inglés illado de Europa.
Brindaron caralsol
con brebaxe negro,
como o petróleo.
Namentres, Paco «o ballenero»,
oía dicir a Pemán
que se acercaba unha fronte tormentosa
polas Azores. |