BVG Voltar atrás |
n2memiprestige.html
Xiba xigante crebada en alta mar.
Praias tinguidas de noite.
Pobos e vilas en continua escuridade.
Cidades ateigadas de xentes
que claman xustiza,
ante o «desprestige» que está a sufrir
esta nosa terra.
Deixa, Galicia, que a marea humana
te libere deste loito.
Brilará en ti a dignidade,
alumearás o camiño da esperanza.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |