O último bico é o que non das

Martin Nick

vn2martinnickultimobico.html

     Despertei entre a música de Travis e olor a tabaco.Aínda estabas alí. 
     Cheiraba a túa colonia,como cando te ías. Cheiraba arredor da cama e dalgún xeito tamén o faría polo pasillo. Estaría o espello do baño cheo de vapor, e o teu pintalabios sen tapar. 
     Poñías sempre Happy cando estabas feliz. Xa sei quenon tiñas nin puta idea de que ía a canción, pero o título e o son bastábache para crerte leda. Hoxe non soaba,nen onte. Onte non sei que carallo soaba, pero tiña ganas de chorar, hoxe, chorei, e xa sei o que soaba. 
     Fúchete. Non oín unha palabra. Nada.Sabía que era a última vez. E levanteime. 
     Encendín un dos teus pitillos, e senteime na cama. Pensei se tivera celos algunha vez dos teus amantes anteriores, e decateime de que non tiveras amantes anteriores. Por iso deixabas o pintalabios. Pero hoxe non estaría, fun ó baño e efectivamente non estaba. 
     Deixárasme, non? 
     Supoño que tiña que estar triste, e intenteino, pero ...non puiden. Collín unhas tostadas e unteinas de mantequilla, por un momento acordeime que a mañá anterior fixérao coas túas tostadas, por outro, máis longo, recordei que untara moitas tostadas para mulleres diferentes. Unha especie de donjuanismo adolescente recorreu o meu corpo. Corrin descalzo polo pasillo e cambiei o CD. Imos poñer Lightning seeds. 
     Acórdaste? 
     Corría o ano 93 ou 94, eso non estou seguro, xa sabes que os anos e a cor dos ollos sempre se me olvida. Saía con ela, e queríaa, tomabamos unha copa de cacique con coca cola e limón, e ríamos, falabamos, bicábamonos, e sentía que pronto estaríamos a foder noseu apartamento. E soaba Pure. E eu decía que aquelo era rarísimo,que era como os Pet shop boys con guitarras, e ela mirábame e dábame un bico,importáballe un carallo, se eran eles ou a banda de gaitas de chantada. Só lle importaba estar alí. 
     Seino agora, cando te fuches. 
     Almorzaba só e sentíame ben. Perdoa, cariño, pero debía ter unas ganas doentes de que te foses. 
     Cando ela xuntaba as máns e as rascaba con forza sabía que estaba feliz, cando me bicaba no peito antes de durmir, tamén. Por eso crín que tamén pasaría contigo, e con Liz, e con Nat, e con Angie, e con todas. 
     Engancheime a ela cando xa non estaba. 
     Ducheime pensando en ti, en que fodéramos esa noite e xa sabías que te irías, e iso o que chaman polvo de despedida? Estivera ben,non cres? 
     Tamén ela botara o polvo de despedida e eu crin que era un máis, un rutinario polvo que só recordas se é o último, ou o primeiro. E foi o último. 
     Saín de casa para o traballo. Nese momento quíxente. 
     Será porque xa non estaba o pintalabios, porque tería que contar que xa non estaba coa tía aquela do despacho da calle real, e esta vez non tiña un puto motivo. Eres fermosa, moito, eres intelixente, eso creo, eres cáseque boa, e ahí estás, no teu traballo, despois de deixarme, contándoo a esa tía que traballa contigo. Non cho dixen nunca, pero deiteime con ela a primeira semana que estaba contigo. Non puxen Travis, fixémolo con David Bowie, supoño que para os cornos e máis indicado. Non cho vai contar. 
     A ela nunca a engañei coas súas amigas. Non houbo polvos bravos. 
     E tamén me deixou, con unha palabra e unha carreira. Tamén cheguei á sala de profesores e me preguntaron que me pasaba, e tamén dixen que me deixaran. Aquelo soara forte, levaba vivindo con ela tres anos, escoitara os seus ronquidos e bicara os seus pés porque quería. Tamén escoitei os teus, e biqueichos, pero debia ser por obligación. Non o sei. 
     Cruzei a rúa que vai cara o instituto, onde esta a perfumería e alí estabas, no mostrador, de espaldas. A loira, mil veces mirada e teñida enseñábache pintalabios. Escolliche un. 
     Supoño que debería entrar, pero tiña ganas de decir que ti tamén me deixaras.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega