BVG Voltar atrás |
n2obrechtabismo.html
Foi aquí, neste lugar
onde ollei por primeira vez
o abismo
Voz satírico-burlesca,
que convirte últimas respostas
en vigas de lama
Entón entendín o medo
dos homes ós límites da
súa razón
E onde me falaron de
Deuses, vin só humana
necesidade
Ollo, os abusos dos Deuses
son tan perigosos coma os
abusos da razón
Cantas veces botei en falta
estelas de compaixón nos
homes da ciencia económica
Mais tamén anacos de
"common sense" nos púlpitos
de certas igrexas
cantas veces
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |