Norte e Sur

O Brecht

n2obrechtnorteesur.html


Asómome á fiestra tódolos días
loce o sol, as nais rin
mais eu só quero ve-las
costas do mundo

Non me importa a felicidade
busco palabras, sí, palabras
dos que piden palabra
alá ao lonxe

Non escoites —dinme— ás voces
que o vento trae ó norte
porque no sur, a miseria é destino
e no norte, o destino chámase
"progreso".

Nembargantes, dubido
discuto conmigo mesmo
e onde había conviccions
saenme cen novas preguntas

Alí, de onde veñen as voces
do sur, existe un punto no
espacio e no tempo
onde as palabras
"xustiza", "inocente"
e "culpábel"

... teñen nomes propios.

¡Ou sí!, señores da ilustración
a razón pode ser algo subxectivo
pero nós sabemos que hai épocas
lugares e destinos, que non poden
crer tal

.. men ti ra.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega