Nos imperios do consumo

O Brecht

n2obrechtnosimperiosdoconsumo.html

Vivín durante un tempo
nos imperios do consumo
arrodeado de cristais
cemento e ruido

E arrodeado de libros, soños
e recordos, dinme conta
o mundo cambiou ós poetas
polos microhondas

(E a Shakespeare pola aquiescencia)

Tanta soidade en masa, tantos homes
enfeitizados polas cousas, tantos homes
con medo ós homes. Sí, vivín, durante un
tempo, nos imperios do consumo.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega