O péndulo

O Brecht

n2obrechtopendulo.html

A utopía non é o refuxio do home canso
é a intuición poética do que está por vir

Non diferenzo desexo de realidade, nin
realidade de desexo, o péndulo oscila
entre a desidia e a esperanza

— e o tempo pasa —

Non se fai da terra un ceo, sen buscar
respostas máis aló das estrelas : nin
razón sin fe, nin fe sin razón

Entusiasmo, vontade, intelixencia
piedade? son atributos divinos

O «elán vital» da utopía está en
nós mesmos : intermediarios dun
mundo que nunca ollaremos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega