Os rapsodas do mercado

O Brecht

n2obrechtosrapsodasdomercado.html

Adiante, ¡abride fronteiras!
¡consumidores do mundo, unídevos!
!liberádenos do Estado, liberádenos da política!

¡Que morran as ideas, que morran os proxectos!
¿queredes pracer?
¿queredes felicidade?

¿Queredes información?, ¡abride fronteiras!
televisión por cable e internet
¡controle o mundo dende a súa habitación!
"fifty seven channels and nothing on"
Bruce Springsteen dixit

¡Consumidores do mundo, axudádenos!
¡que circule libremente a empresa!
pedide papeis ós ilegais

¡Consumidores, unídevos!
o estado morreu
adorade agora ó mercado


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega