BVG Voltar atrás |
n2andreanunhezamullerqueundiaquixen.html
Inventario resumido de existencias en stockage a día de hoxe e no momento
presente:
(recontar é un exercicio impávido ingrato cando contar en re)
¬- lista de cousas que nos fan derreter palpebras :
*Movementos das ás das volvoretas queimadas polo sol
*Pete e Kate no concéntrico centro de tódalas miradas
*O choro dun dálmata albino polisoneado do Prestige
*O sangue derramado (xa seco) que tanto nos excita
*A batalla de Bershka onde as tropas loitaban espidas
* O dálmata albino polisón de tódolos Prestiges
*O fociño iracundo do porco que sodomiza a mentira
*As viaxes acedas no tempo cando amigo Gin Tonic sofre
O inventario excesivo provoca sudoracións nas mans dos operarios inexpertos,
requerimos material especial (non ordinario) para traballar con él.
Meus mellores desexos,
-deus.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |