BVG Voltar atrás |
O divino bananahamok
n2andreanunhezamullerqueundiaquixen.html
A simbiose retroactiva das miradas fulgurantes
Estepa de pena atopada no camiño da dor retida (detida, derretida)
coma pequenas mostras de cinzas inxustamente esquecidas.
Queremos apreciar os destellos da libre infindade,
nós, matándonos coas armas máis inocuas,
soando a agarimos conscientemente roubados.
Desmoronando a alma preguiceira por non facer o que algún día soñaramos.
Síntese e antítese dunha noite en Carballo e un serán en Arzúa ( A Mella).
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |