"Fría é a brisa da tarde... "

Xacobe Grei

n2xacobereifriaeabrisa.html

Fría é a brisa da tarde 
no lugar do esquecemento. 

O día morre unha vez máis 
en silencio e tingue 
de gris o mundo. 

A chuvia mesma está 
cansa de caer 
furiosa e monótona 
coma a vida ausente. 

... se houbese homes aquí 
quizá terían nostalxia. 

Pero non. 
Non hai ninguén. 

De amáresme volve. 

Se salvas aínda 
ven salvarme.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega