Once e vintedous,
recollo as imaxes do día
(ou da noite).
Semella unha vella pedindo esmola,
pecha os ollos e as mouras
aparecen outra vez aquí con nós,
despístame cos bicos en espiral,
percorre a cor deste pensamento
suicida ás veces.
Vento escapando polos segundos,
eu non sei de xogos azuis,
traducíronme o ollar
e para min desapareceron
as lúas menstruadas.
Xa perdín o esquecemento,
podo venderlle
palabras e apalabrarlle as ideas.
Agora déitase no chan
pero non hai cartóns redondos,
pasaron 170 grados aínda.
|