BVG Voltar atrás |
n2carminhaboavilatantashorasxa.html
Tantas horas xa,
redondos baleiros ameazantes,
teñen pasado,
que teño os ollos cansos
de arrincar
palabras axeitadas
coa rabia
de non saber aínda
pintar ausencias.
Quizais
escoitemos nesta noite
as mesmas notas,
ou teñamos o mesmo burato
branco
no caderno
ou andemos a facer o mesmo verso.
Non hai xa cousa algunha
capaz de afastarte
de agacharte na palidez
da semana,
nada que deteriore
a túa imaxe
no azul sobre negro
da noite
inacabable.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |