¿Como?

Rosa Lois

vn2rosaloiscomo.html

...e sería sinxelo,
se eu quixera.
Pintar e amar.
Mais, pintar sen pincel
non podo.
E amar por amar
non quero.
E pintar, pintar pintaría,
pintaría a voz e o silencio,
o branco sobre o negro.
A ollada limpa
e o mar bravo.
E amar...Amar, amar
amar xa amo.
Mais... ¿como amar máis?
Se amar por amar non quero,
se pintar sen pincel non podo.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega