BVG Voltar atrás |
n4rosalois25anos.html
Asomaba o sol por unha fiestra,
e unha sombra ferinte, empuxaba a outra.
Negar o evidente...
como doe abrir os ollos.
Vintecinco anos de aprendizaxe,
e aínda ignoro tanto...
Só aprendín a dar as gracias.
E a querer.
Acabouse o tempo.
Escoitouse unha badalada,
e máis tarde, outra.
E volvín a aprender,
que o evidente non se nega,
que tan só o olvido
será quen de matar o meu amor.
Ó meu avó, in memorandum. E a todos os avós e avoas, sabios polos anos e pola vida.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |