"Esquecín
que
esquezo.
Perdín
o
que non teño.
Chorei
o
que non sinto.
Mil
horas antes do fin do mundo
rompe
todo
o silencio
que
hai
detrás
de min,
mais,
faino
despacio,
para
que non o escoite.
Mil
horas antes do fin do mundo
voltáche
sirea
que repudiou
Ulises,
máis
fermosa
do
que o teu
corpo
che permite,
engalanada
en ouro
e
esmeralda.
Mil
horas antes do fin do mundo.
Bicámonos.
(soa
infantil,pouco poético,sen imaxinación,como unha nota ó marxe)
Voltámonos
a bicar.
(cada
vez soa máis parvo,sen sentido nen estructura)
Tento
escoller o máis fermoso
dos
teus cabelos.
se
puidera faríache unha estatua de bronce.
(iso
si é unha horterada)
así
se manifesta o amor.
(en
estatuas de bronce?)
Non,en
horteradas.
Mil
horas antes do fin do mundo.
Mil
horas antes do fin do mundo
Noé
construeu un arca.
Mil
horas antes do fin do mundo
non
quedaba sitio para a carcoma.
Mil
horas antes do fin do mundo
coñecinte.
Hoxe
mil
horas despois do fin do mundo
estás
aquí." |