BVG Voltar atrás |
n3manolodacorredoiraalborada.html
co derradeiro anaco da noite
que acadou o perdón nos teus ollos
fuximos
do rosmar silandeiro da vida
ti
deitada sobre anacos de vidro
espida, máis aló do día
nós
co abrente ficamos quedos
agardando pola morte
eu
aínda sinto o vento
era teu
era o teu cabelo
coa nosa vida derrubada
xa chegaron
as últimas bágoas da alba
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |