BVG Voltar atrás |
n3fxdominguezalgunhacousaesta.html
Lúa, a cativa da tasca,
debuxa soles e casiñas,
hai un cabalo na porta
e un vieiro florecido
ao abrigo das maceiras.
Algunha cousa esta a morrer en nos,
o gato rabuña na porta,
(pois é cousa de gatos rabuñar)
morde a herba dos camiños ,
terminacións nerviosas do seu pranto,
pranto de can orfo de agarimo.
Alguén alenta na fría noite,
o xiringazo morno da luz
esmaga a alma inflamada do poeta.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |