BVG Voltar atrás |
vn2rosaloisalgunhavez.html
Viaxarei ó lugar máis quente do teu corpo
e aí construirei o reino.
Pintarei o país de verde
para lle arrendar ós paxaros.
Mudarei de cor,
trocando a pel por suor.
Multiplicarei a nada
e abroiará o xemido.
A illa será miña.
Se algunha vez chego a nacer.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |