Amor en escabeche

Alizia

n4aliziaamorenescabeche.html

     E muiñando orballo, roendo lúas paridas...
amor en escabeche,
non espertar no intre esquecido,
apretar a gorxa e soñar con osíxeno;
(xa afogada).
Cando os edulcorantes fan carreiras a favor do cancro,
cando as nenas tiran as bonecas...
despois de bicalas e chorar nos seus vestidos.
Así será o fin de tanta "aspirina", pintar as unllas de negro
e comer queixo do "de no engordar";
¡que bonitas quedan as cereixas nos teus ollos!,
(non sabía que tan só eran as cuncas baleiras).
A presa é o que vale.
-Non, non podo lerche un conto, primeiro vou ver o programa de "testimonios"...
-...
-Si, quérote*
.
.

*¡E claro que a quería!; pero antes estaba o programa,
e logo, (cando o aburrimento roubara o sentido), viría o
amor en escabeche.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega