Pola
fiestra entraba a luz de neón do garito da esquina, ainda estaba
aberto, ainda se escoitaban os murmúrios das xentes, case que todos
homes que saían aquelas intempestivas horas do local. Ana como tantas
noites permanecia esperta, a súa vida non estaba a resultar o fácil
que ela pensara sempre, na sua aldea as cousas eran máis fáciles,
máis duras eso si, pero sempre se resolvian con facilidade. ¿Que
fixera ela para merecer isto? quizais nacera no lugar errado, no momento
errado, a súa afección pola música non estaba moi ben vista no lugar
do que procedia, elí as mulleres adicanse a tarefas de mulleres, e todo
o demáis son páxaros na cabeza, alomenos eso lle dicia a súa nai,
pero a sua afección pola música era innata, ela nunca fixera nada pola
fometar , pero estaba aí e era demasiado forte para ollar a outro lado.
Ergeuse ó baño apañou a vella revista que
estaba enriba da súa mesiña de noite, era a causante de ter dormido
alomenos duas horas dende que se deitou, acendeu un pito, e sentou-se na
cunca do water, releu un a un os titulares, pasando as páxinas sen
demasiado interese, incorporouse e ficou fronte o espello, non era a
súa cara, non a que lembraba, non a de facía un mes cando o abandonara
todo, cando se marchara a aquela cidade alexada dos seus onde tentaria
atopar ó que o seu corazón procuraba desde facía moito tempo. Tiña
vinte anos pero o seu rosto semellaba de corenta, as olleieras cada día
eran maiores e mas escuras, tiña sen dúvida que tomar unha
determinación ca súa vida, o pouco diñeiro que tiña estaba case
esgotado, non podería subsistir por moito máis tempo naquela
situación, cando se miraba o espello vía que a vida que tantas veces
soñara se lle escapaba por momentos, e os ollos enchianselle de auga,
sentía unha gran impotencia, pero tería que supera-la , se cadra á
mañá seguinte a sua sorte mudaria, a entrevista de traballo que tiña
prevista, se todo saía ben darialle unha nova marxe de tempo para
encauzar de novo o seu soño.
Nen siquera deixou que soase o espertador, non
lembraba o que era durmir unha noite seguída, nen siquera catro horas.
Ergueuse da cama, e dirixiuse á ducha, recolleu de enriba da butaca os
vaqueiros e unha chambra azul que levara o día anterior, suxeitouna nas
súas mans, pero mudou de opinión, dirixiuse á bolsa que estaba no
armario, rebusco no fondo, e elí estaba, unha blusa de cor laranxa que
a súa irmá lle regalara cando se enterou de que se marchaba, ainda non
a puxera, estaba a esperar o momento, e este semellaba que o era, de
todolos xeitos, se non o era, non tería moitos máis momentos para pola
, asi que tirouna enriba da cama. Entrou na ducha, era unha tarefa
difícil xa que non tiña auga quente, o apartamento que tiña alugado,
era demasiado austero mesmo niso, carecía de case todo, botoulle valor,
alomenos eso despexaría o suficiente,... saíu da ducha ,
secouse cá toalla e vestiuse xunto á cama. Na mesiña de noite estaba
a foto de Luis, el tampouco a comprendera, non entendía para que era
necesario buscar algo que é tan difícil de atopar, se ademáis tes
todo o que necesitas para vivir, Luis sempre fora así, un conformista,
chegaballe con pouco, ir traballar, tomar-se unha cervexa cos amigos o
acabar o seu traballo, e sair de xoldra os sábados con ela, tiña o
xusto, pero para el era abondo, non tiña mais soño que un bon coche ou
un bonito televisor, pero era feliz, todo iso facíalle pensar a Ana, se
na vida viven mellor aqueles que non teñen inquedanzas, nen interese
por nada, e sempre chegaba á mesma conclusión, era dese modo, todas as
persoas que buscan algo perden a vida no empeño, moitas veces sen
conseguir nada mais que os que non buscan, pero ela non sabía vivir
dise xeito.
Saíu do apartamento, baixou as escaleiras, e
puxose na rúa, o sol comezaba a amosar, a temperatura era agradable,
dirixiuse á estación de metro. ía nerviosa, a ocasión que esta
entrevista lle brindaba non debía deixá-la escapar, alomenos tería
que pór todo o seu empeño, o traballo non era exactamente o que
buscaba, non tiña relación algunha coa música pero ingresaría o
suficiente diñeiro como para non ter que abandonalo todo. O metro ía a
esas horas apetuñado de xente, sempre lle causaba unha enorme
sensación, aínda non se acostumara a estar sempre rodeada de xente,
que non coñecía, ca que non era fácil comezar unha conversación,
eran coma autómatas que se sentian sós entre tantos semellantes, que
se encerraban cada un nas súas vidas sen emprestar atención o que
ocorría o seu redor. Ela sempre se fixaba nas caras da xente, nos seus
ollos, na súa expresión, gustaballe imaxinar a que se adicaban e a
vida que tiñan, pero esa mañá non se detivo nin un intre a tentar
adiviñar a vida de ninguén, abondo tiña coa súa propia, esa mañá
era un máis no vagón do metro.
A porta do bar aínda estaba fechada, non tiña
mala pinta, era un local pequeno, decorado con gusto, unha cervexaría
con un estilo un pouco particular, que tentaba semellar-se os antigos
pub irlandeses, pero moi española ó mesmo tempo, o día que viu o
cartel e entrou, falou cá xefa e quedaron para aquela mañá de luns.
Esperou un pouco xunto á porta, ata que chegou un dos camareiros, que
abriu o local, aínda que non vira chegar a ninguén máis entrou e
sentouse nun dos tallos o lado da barra, o camareiro estaba dentro do
almacén, ainda estaba pechado ó público, xa que non abrira as
cortinas nin dera a volta o cartel de pechado, esperou a que saise,
percorrendo coa vista todos os detalles que tiña o local, carteis de
cervexa en todas as paredes, adornos, luces e un sen fin de detalles que
deixaban claro os gustos dos proprietários. O rapaz saíu do almacén,
ficou ollandoa , e sen lle emprestar demasiada atención dixo-lle:
aínda está pechado, abrimos ás 10.
Sintoo non o sabía , pero quedei coa xefa polo do traballo.
¿Traballo? ¿Ó de camareira refireste?.
Si... a semana pasada tiñades un cartel, e quedei hoxe cá
xefa, para falar do traballo.
Xa pero hoxe non hai cartel, non te fixache.
Si pero... díxome que hoxe falaríamos.
Sinto pero a xefa hoxe non ven, creo que o sábado contratou a un
rapaz.
Pero... deume a súa palabra, díxome que hoxe falaríamos.
Ummm..., xa, a xefa é asi, non é a primeira vez que o fai, hai que
andar mas fino con ela, o rapaz que veu o sábado pola mañá estivo xa
traballando pola tarde. Sinto, non creo que veña, os luns nunca o fai,
se queres espera pero non creo que teñas sorte.
O mundo caiuselle enriba, déralle a súa palabra, o luns falarían ,
esperou un par de horas sentada nunha mesa, sen tomar nada, vendo como
entraba e saía a xente, ollando á porta cada vez que esta se abría,
pero nada, ela non se presentou, foi pasando a mañá, e a cada minuto
aumentaba a súa desesperación, o camareiro achegoulle un café con
leite , puxo na mesa,... convida a casa, díxolle, sinto de
verdade, non é culpa miña,... Ana asentiu cá cabeza e
dedicoulle un sorriso, tomou o café con avidez, era o primeiro que
levaba á boca nese día e tal como sairan as cousas probablemente
tamén sería a súa cea.
Eran máis das duas da tarde cando se ergueu, e se dirixiu á porta para
se marchar , mirou de novo o camareiro, adicoulle un novo sorriso e
saíu do local, a rúa estaba ateigada de xente, comezou a camiñar sen
dirección, na súa cabeza as ideas amoreabanse , e era incapaz de polas
no seu sitio, todo acabara, tería que tornar á súa casa, pedir
desculpas e lograr voltar ser aceptada, non sería unha tarefa fácil,
na súa casa ninguén, excepto a súa irmá ó tomara ben, ademáis
tería que escoitar unha e mil veces que se enganara, que non tiña
razón , que era moi xoven e sabía pouco da vida... e todas esas
cousas que xa escoitara e que agora lle recordarían con mas firmeza.
Entre tanta xente, e atopabase tan soa, tan desamparada, como era
posíble, ¿como evolucionáramos?, ¿de que xeito?, como era posíble
que nunha sociedade tan avanzada con tantos medios materiais, as persoas
chegásemos a ser tan insensíbles, ter tan pouca palabra, chegásemos a
obviar todo o que acontece ó noso redor como se vivísemos illados de
todo, que incongruidade, tanta xente xunta e que sós estaban todos.
Era xa hora de marchar a casa, de coller o metro e pasar a última noite
no ´´maravilloso`` apartamento. Baixou pola boca do metro, sen darse
conta, pasara o día, era case de noite e atopabase lonxe de onde
vivía, baixou polas escaleiras, xa non había moita xente, percorreu os
corredores da estación , mercou un billete, ollou o plano, tería que
agardar dez minutos máis a que chegase o seu tren, o nº 19, sentouse
nun banco a esperar, mirando á xente, un tren detivose, baixaron e
subiron con présa, do tren descendeu un rapaz, a súa estraña
vestimenta fixo que a súa mirada se detivese nel, vestía vaqueiros,
unha chambra na que se adiviñaba que nalgún momento tivo unha
inscrición, unha mochila de grande tamaño, e na man dereita a maleta
dun violín. Ficou ollando, escudriñando a estación, non ía como os
demáis con présa, non semellaba estar involucrado como o resto no
agobio, ollou fixamente unha esquina o lado das escaleiras, achegose a
ela, abriu a maleta, quitou un violín e tirou unha pucha diante del,
meteu unha man no peto e quitou unhas moedas, puxoas dentro da pucha,
tendeu unha manta sentouse apoiado na parede, mirou de novo o seu redor,
as súas miradas cruzáronse, como fillos dun mesmo Deus, dedicáronse
un sorriso, o rapaz levou o violín o ombreiro e comezou a tocar, nun
intre unha suave música asolagou o andén o mesmo tempo que entrou coma
un mísil no corazón de Ana, que sen darse conta incorporouse e foise
achegando o lugar no que tocaba o rapaz, que non emprestaba atención a
nada, mantíñase cos ollos pechados, entoando aquela maravillosa
melodía, semellaba mergullado no seu mundo, sen importarlle nada a
xente que pasaba o seu redor, que non escoitaba, como se tampouco polos
seus ouvidos entrase nada que non estivese nas súas vidas, algúns
deles o pasar tiraban moedas dentro da pucha como se fose por costume,
sen saber por que o facían, por piedade tal vez , ou por que dentro dos
seus corazóns aínda sen sabelo seguían sendo humanos. Como por
inércia Ana meteu a man no seu bolso, quitou o seu Whistle. Coñecía
perfectamente a canción que tan acertadamente entoaba aquel estrano
rapaz, sen perder nin unha nota e no momento xusto achegou os seus
beizos o instrumento e comezouno a acompañar, o rapaz abriu entón os
ollos cando o doce son da pequena flauta irlandesa se uniu dun modo case
máxico o do seu violín, mirou a Ana, fixo un aceno de aceptación coa
cabeza, e os dous seguiron interpretando a sobérbia canción, Ana
tamén cerrou os ollos foise metendo no tema dun xeito maravilloso, non
emprestou atención o que acontecía o seu redor, por un intre atopabase
agusto, no seu sitio, por un intre a maxia voltara a súa vida e de novo
todo tiña sentido outra vez, a música estaba dentro e tiña que saír
dun xeito ou doutro. Suavemente o tema foi perdendo forza, as notas
foron alongandose , o final foi marabilloso, cheo de encanto. Abriron
ambos os ollos, miraronse, sorriron, un aplauso soou os lombos de Ana,
deuse a volta e contemplou abraiada unha vintena de persoas que
aplaudian e os felicitaban, foron-se retirando, deuse a volta e viu o
rapaz agachado xunto á pucha, contando o diñeiro que recaudara. O
rapaz incorporou-se, achegou-se a Ana e dixo-lle:
Unha boa parte de isto é teu, eu nunca recaudara tanto en tan pouco
tempo.
Agradezocho pero ti es quen o gañou...
sinto terme metido na
tua vida deste xeito.
Non tes que sentir nada, estivo xenial, es moi boa sabes.
Gustame a música, e non puiden evitar pórme a tocar cando te
escoitei.
Convídote a cear, que che parece, hoxe aínda non comín nada.
Ana deuse a volta, o nº 19 collia camiño despois de ter feito a súa
parada obligatoria na estación.
Pareceme boa idea. Eu tampouco comín moito hoxe.
Subiron as escaleiras do metro, saíron
á rua, xa era de noite, metéronse nunha cervexería pediron unhas
coca-colas e uns bocadillos, comezaron a falar e a contarse as súas
vidas, chamábase Marcos, tiña dezaoito anos e a súa vida non se
semellaba en nada á de Ana, estivera os últimos anos vagando por
varias cidades de España, buscando iso si o que Ana buscaba desde
facía tempo, un lugar no mundo un lugar xunto á música, un lugar onde
o que máis amaba fose tamén o seu medio de vida, contoulle todas e
cada unha das penalidades que pasara nas rúas, rironse dos momentos
bons que desfrutara, e escoitou con atención os malos, cando os seus
pais deixaran de existir para él, facía tempo xa que non existían o
un para o outro pero pasado o tempo segundo foi medrando tamén del se
distanciaron, e deixárono á súa sorte, lenta pero inevitablemente.
Contoulle tamén como no seu vagar polo mundo coñecera o seu mestre de
música, un irlandés insaciáble de vida que non tivera demasiada sorte
e que facía pouco máis de medio ano morrera nunha rúa de Barcelona,
gracias a un apurado conductor que chegaba tarde a traballar.
Entre parola e parola as horas foron pasando, paseando pola cidade, sen
un sitio fixo. Acabaron no diminuto apartamento de Ana , Marcos non
tiña un teito baixo o que aloxarse e esa sería unha gran noite para
el, alomenos niso podería Ana ser-lle útil, deixoulle a súa cama a
Marcos, e ela acomodouse no sofá . Foi a primeira noite desde que
chegou á cidade que durmiu dun tirón, non o podía crer cando ás once
da mañá abriu os ollos, e mirou o reloxo. Marcos xa se erguera,
escoitábase na ducha, non cantaba, gruñía e facía un sin fin de sons
guturais, provocados pola temperatura da auga, pero aproveitouna
totalmente, facía moito tempo que non tiña a oportunidade de utilizar
unha ducha para o seu aseo persoal, Ana ergueuse e vestiuse enseguida,
deixou o albornoz enriba da cama na que dormira Marcos e saíu da casa
ca súa roupa en dirección á lavandería, o cabo dunha hora voltou ca
roupa de Marcos limpa e seca, estaba deitado enriba da cama, agardando
quedo, incorporouse o ver entrar a Ana.
Vaia isto si que é luxo. .... dixo
Marcos... cama, ducha e
roupa limpa, xa me estrañaba a min que fuxiras con eses farrapos.
Crin que facia o correcto, ademáis, a ducha non serviría de moito se
volveses a pór a roupa dese xeito.
Jajajaja... tes razón. Gracias. Por certo aínda quedan unhas
moedas, que che parece se nos damos unha festa e almorzamos nun bar.
Pareceme boa idea... imos
Marcos vestiuse, sairon do apartamento, a
noite anterior decidiran que seguirían tocando no metro, e onde fose,
mentres non lles saise nada mellor, alomenos iso demoraría a marcha de
Ana, e a perda do seu soño, o apartamento non era demasiado caro e con
pouco diñeiro subsistirían cada día.
A cafetería estaba medio valeira, sentaronse nunha mesa e pediron uns
cafés, con bolos, Ana agarrou o periódico que se atopaba na mesa do
lado, xa valeira, e puxose a lelo, mentres Marcos comezaba a remecer o
seu café e ollar como ela se centraba na lectura, pasou unhas páxinas,
detivose nun titular, conmoveuse o ver a fotografia que o ilustraba, era
verdadeiramente arrepiante, a foto mostraba a crudeza cá que a guerra
abana a un país, a un pobo e o que é ainda peor a un neno, un ser
indefenso, sen prexuízos contra nada nin contra ninguén, pero marcado
para sempre por uns ideais, dos cales el nen sequera coñecía o
significado, un neno iraquí, maltratado polas armas dos que din ser os
bons, que o deixaron sen pai, sen nai, sen brazos e sen pernas, un neno
como tantos do mundo que non cometeu delito algún para ter que pagar a
ira cruel dos que fan as cousas baseados na razón e en xustos ideais.
Marcos segue con atención os trocos que sofre o rosto de Ana, detén
instintivamente o tintineo que a súa culleriña produce o contacto cá
cunca, no que sen dúbida é xa un ritual mais que unha necesidade,
quedase case paralizado, ó contemplar como os ollos de Ana lentamente
se van metendo na lectura á vez que se enchen o unísono de auga, as
bágoas comezan a baixar polo seu rosto, sen que nin nun momento ela
aparte a vista do artigo, só de vez en cando, move case
involuntáriamente os ollos con rapidez, mudandoos cara a fotografia,
como se tentasen atopar unha xustificación, ou quizais comprobasen a
cada ollada, que era certo o que a imaxe representaba, que non eran
imaxinacións súas, que o texto e a imaxe falaban do mesmo, a crueldade
levada á máxima expresión. Acabou de ler todo o texto e pechou os
ollos, as bágoas brotaron esta vez con mais forza se cabe, na súa
cabeza, somente tiña espacio nese momento para a cruel imaxe que
acababa de observar, mantívose queda, calada uns segundos máis, entón
alzou a vista ata atoparse cos ollos de Marcos, que a seguía mirando
con sorpresa, case estranado da súa silenciosa manifestación de
tristura, xirou o periódico e achegoullo a él. Marcos non leu o
artigo, suficiente era con ollar a fotografía, non eran necesarias
palabras, non eran necesarias datas nen tan sequera coñecer os motivos,
ou as circunstancias, o mero significado que a imaxe representaba por si
soa era o suficiente como para a rexeitar.
Ergueu-se da mesa achegou-se á barra e pagou as consumicións, entón
achegouse de novo a Ana, puxo a man no seu ombreiro, aínda seguía cá
cabeza baixa, un simple aceno foi suficiente para que ela se erguese e
saisen os dous xuntos sen falar, sen se decir nada, por que non era
necesario, por que instintivamente sabían ambos, que debían saír a
respirar aire fresco.
Camiñaron ata o parque, sentáronse á sombra dun inmenso cedro que
maxestuosamente se erguía, como dono impresionante, do pequeno bosque
artificial que naquel lugar lembraba o que nalgún tempo fora un
magnífico bosque, invadido como tantas outras cousas pola imparable man
do home, man que en moitas ocasións o estraga todo con xustificadas
retrancas de nova construcción, de necesidades subxectivas, en aras
dunha vida mellor, se cadra mais prospera e duradeira.
Un neno corría xunto o seu can, vixiado de perto pola súa nai que
estaba sentada nun banco distraída na lectura dunha revista, varias
persoas adicábanse a facer footing polas pistas que rodeaban o parque e
un grande número de avós reunianse formando pequenos grupos nos que se
falaba de mil e unha histórias, mesmo en algún deles se xogaban as
máis encarnizadas partidas de cartas que á vista dos acenos semellaba
que a vida se estaba a xogar a cada man.
Tamén polo parque pasaban transeuntes que buscaban o camiño máis
curto a quen sabe que lugares, e algunhas parellas de namorados
percorrian os carreiros contandose o moito que se querían. Perto de
onde eles se encontraban, un meco, expuña de modo moi profesional o seu
traballo, burlándose a modo agarimoso dos nenos que o seu carón
pasaban, convidandos a imitar-lle , a permanecer inmóbiles, a sentirse
parte do espectáculo, a maior parte da xente que pasaba xunto a él
ollabao con indiferencia, somente os nenos, inxénuos e espertos
agradecían co seu sorriso a dedicación daquel maxestuoso personaxe.
Era un bon momento, un bon lugar, para amosalos sentimentos do xeito que
cada quen mellor coñece, e Ana só coñecia unha, a música, ese intre
no que os sentimentos se cruzan dun modo imparable, era sen dúbida un
dos momentos nos que a música axudaría a descargar toda esa ira, toda
a rabia que invadía a sua mente. Puxo a pequena flauta nos beizos,
ollou unha nena que xogaba na area formando pequenos montonciños nos
que sentaba as súas bonecas como se fosen xa membros importantes dunha
sociedade en desenrrolo, e comezou a tocar... |