O pulso de Nela acelerábase cada vez máis
cando Víctor se achegaba e ela. Nela, que non podía conterse,
respiraba entrecortadamente; mentres, Víctor percorría coas súas mans
o corpo de tan fermosa doncela.
O silencio invadía o cuarto e o cúmulo de
paixóns contidas e sentimentos retraídos creaba unha atmósfera que
estaba a punto de explotar.
Nela respirou profundamente e comezou a se
deixar levar por Víctor; os dous tiñan a mesma ambición, pero nunca o
manifestaran desta forma. Agora era real, era tanxible, non era
abstracto.
Con seguridade, Víctor arrodeaba o corpo de
Nela co seu; e estreitándoa entre os seus fortes brazos de cabaleiro,
os dous fundíronse nun apaixoado bico. A situación era límite, o
volcán creado polos sentimentos estaba a punto de deixar caer a súa
lava máis quente. A eclipse entre os dous amantes estaba a se iniciar e
as retraídas paixóns ían saír á luz.
Nun lance de atrevemento, Víctor deixou caer a
Nela no leito e comezou a acariciala con ansia e desexo. Nela
deixábase levar por el e os amantes fóronse introducindo nun
desordeado cuarto. Prendas polo chan que arroladas polos amantes xacían
impasibles. Alma, corpo, interior, exterior; un todo, un cúmulo de
cousas fundíase cando Nela miraba a Víctor. O silencio marcaba o
tempo, o pracer sacaba todo o que ata aquel intre os mozos non se
dixeran.
Amenceu e o corpo de Nela estendido sobre o de
Víctor cobraba a súa original debilidade, lonxe da fortaleza e
vitalidade que conseguira acadar. El abriu os ollos e observou que Nela
dormía tranquila sentíndose protexida entre os seus brazos; de contado
doulle un tenro bico na fronte e ela espertou. Olláronse e Víctor esbozou
un sorriso que motivou a Nela a esbozar outro.
De novo, os dous nocturnos amantes volveron a
se esvaecer nun profundo soño.
|