Era
un tarde de chuvia de xaneiro. As gotas de auga caían suavemente sobre
os cristais do detective Ribeira, un home duns trinta e oito anos de
idade. Tiña un pelo acastañado, ollos moi negros e expresivos e un
corpo gordecho. Falando do carácter poderíase dicir que era un home
tranquilo pero de mal xenio.
Ese día, sobre as catro da tarde chegou o despacho do detective unha
muller fermosa, moi fermosa:
Ola, o meu nome é Sofia Torresaltas
Encantado de coñece-la señorita, eu son o detective Marcos Ribeira.
¿Que lle ocorreu? ¿Problemas con facenda?, ¿roubo?, ¿que foi?
Non, non, nada diso. A semana pasada mataron o meu pai, D. Henrique
Torresaltas. O principio todo indicaba que fora un suicidio, pero o
facerlle a autopsia, dixéronme que fora un asasinato.
¿Ten vostede idea de quen puido ser? ¿Ten algúns inimigos ou
rivais?
Chámame Sofía por favor. E si, ten algúns rivais pero son unhas
persoas moi decentes e estou segura de que ningún se leva mal con el.
Eu penso que é alguén da casa, pero somos moitas persoas na mansión e
a verdade é que non desconfío de ninguén. ¿Ti poderíasme axudar a
encontrar o asasino do meu pai?
Si, claro que te podo axudar. Creo que comezarei por interrogar a
todos as persoas que vivides ou frecuentades a casa.
Da cordo. Se queres podes quedar a durmir na mansión e así non tes
que estar movéndote seguido dun lado para outro.
Está ben.
Horas despois Marcos xa estaba instalado e baixou o comedor para cenar.
Alí esperábano Sofía e outro home.
Marcos, este é o meu prometido, Roberto Lantaño.
Un pracer Roberto
O mesmo digo detective.
Veña, imos cear dixo Sofía, pero ide indo vos, que eu vou ver se
ven Marta a cear connosco.
Non, deixa, xa vou eu, acompaña ti o detective Ribeira a comedor.
Veño de contado di Roberto
Vale
¿Marta? ¿Quen é Marta? pregunta intrigado Marcos
É a segunda muller do meu pai. Ela está inmersa nunha depresión
dende a súa morte, non sae da súa habitación, nin sequera para comer
explícalle Sofía. Fíxate ti si está mal que o outro di Roberto
levoulle uns bombóns e unha revista para que se divertira un pouco e
colleunos de mala gana, e despois estivo Roberto convencéndoa para que
viñera tomar algo e custoulle unha tarde enteira falando con ela ata
que cedeu.
Interesante. Sofía, ¿podo interrogarche a ti primeiro?
Claro, adiante
¿En qué traballa Roberto?
É o avogado da familia
¿Sabes cal foi a arma do delito?
Dis que foi un puñal, pero aínda non se sabe con certeza.
¿Teu pai fixo algún testamento?
Por suposto
¿Quen sabe da súa existencia?
Eu e Roberto
Ben, gracias, xa acabei
Espero que che servira de axuda Marcos
Si, gracias de novo. Por certo, unha última
cousa...
Si, dime.
¿Quen se beneficia polo testamento?
Pois a miña nai, os meus tíos e eu.
Vale, eso é todo. Eu non teño moita fame, vou durmir, ata maña.
Ata maña.
Dous días despois Marcos xa interrogara a toda a xente da casa, menos a
Marta, claro.
Esa noite, a Marcos dáballe voltas o maxín e non durmía.
Achegouse a
ventá e viu algo moi raro. Era Roberto que lle entregaba uns papeles a
unha muller rubia: "esa debe ser Marta" pensou Marcos. Aos cinco minutos
chega Sofía toda alporizada:
Marcos, queríanme matar
¿Qué? ¿Quen?
Non sei, non lle vin a cara.
¿Que pasou?
Eu ía paseando polo parque e ven un coche, saltou por riba da acera e
case me atropela.
Sofía, ¿ónde está o testamento?
No meu dormitorio
Tráemo aquí de contado
Si claro.
Aos dous minutos chega Sofía máis alterada do que xa estaba.
Non está, o testamento non está
Perfecto, ¿e ónde está Roberto?
Con Marta. Foille dar de cear
Ben. Ti, Carmiña (a serventa) chama a policía
Si señor
E ti Sofía, acompáñame.
Marcos sacou a pistola e entrou na habitación de Marta.
Roberto Lantaño e Marta Peña de Torresaltas quedan vostedes detidos
polo asasinato de D. Henrique Torresaltas e polo intento de homicidio
contra Sofía Torresaltas.
¡Si home!. ¿E en que te baseas para dicir esa infamia?
pregunta
Roberto ¿onde está a arma?
Marcos acercouse a mesiña de noite e colleu unha caixa de bombóns que
había alí, abriuna e sacou de alí o puñal.
Aquí está dixo feliz o detective
Señor, acaba de chegar a policía dille Carmiña un pouco asustada a
Marcos
Ben, fágaos pasar.
Vale. Pasen por aquí por favor.
¡Marcos! ¿que tal amigo?
¡Ola Lois! Faime o favor de lerlle os seus dereitos a estes dous
mangantes e asegúrate de que pasen unha boa tempada no cárcere.
Eso está feito compañeiro.
Marcos e Sofía saíron da habitación de Marta e esta
preguntoulle:
Por curiosidade, ¿como adiviñastes que foran
eles?
Xa me tardaba esa pregunta. Pois verás, ti dixéstesme que Roberto
lle levara a habitación de Marta uns bombóns e unha revista, pero en
realidade, dentro da caixa de bombóns estaba o puñal, e no medio da
revista o testamento.
Es un xenio Marcos
Gracias, pero xa o sabía, jajaja
Dedícolle este conto a unha persoa que
me dixo: "parece mentira que unha rapaza de 13 anos tea tanta
imaxinación. Serás a Cervantes do século XXI" e as miñas amigas do
I.E.S Agra de Raíces, Silvia, Tita, Zuzy, Goretti, Noelia e Ana Belén, que me apoian na miña idea de adicarme a escribir.
|