Neses outros lugares un medo fantástico
vestido de raíña drag asoma
múltiples cabezas nos
encontros das rúas.
Esta droga somnámbula,
qué distintos somos ao
sermos soamente,
case totalmente espidos,
co incunable da memoria
deitado e entreaberto.
Veño de MIM,
e do que son os outros en
min, e traia
tal vez chorar para esta lúa sen petos.
Cada vez que chego dunha longa viaxe
volvo de TARA.
E ti fásteme cotián, e
disme estás comigo,
qué fardo non che envorco
coas unllas polas costas,
e disme estás comigo.
|