Non fagades política co inferno

Aultre Narai

n3aultrenarainonfagadespolitica.html
Non fagades política co inferno
sede persoas
pais, fillos, amigos
regalade abrazos e outorgade dons
quitade as gravatas, as chaquetas
limpade o sangue das nosas almas
bicade as nosas cicatrices
curade esta sede abismal
caede con nós para axudar a erguernos
pedide polos que morreron
soñade cun mundo mellor
facédeo dunha vez

porque todo está nas vosas mans


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega