A ti que me
alentas
Sempre ven calma despois da furia e nesa calma, agocho o
meu ollo máxico e roubo estes cachos de vida esgazados a
fiachos como trapos vellos.
Só si estivera morto tería dereito a estar aquí pero
estou vivo entre mortos e espero a que a morte sexa
fermosa para recoller a testemuña. O xogo entre a liña
tan fina dáme a virtude que non ten sentido máis que
alén do inferno
O silencio era tan intenso que se podía oír
perfectamente detrás das dunas o murmurio rítmico de
ondas cativas e lentas...fora un día duro e alí
abríase o mar daquel recuncho tropical, tranquilo e
sosegante e venceume sen dificultade un sono perigoso, un
sono mortal ca miña experiencia nunca toleraría.
Cando erras por campos sanguentos espertar é sempre
nacer aínda que sexa un espertar doloroso cunha vara de
xunco afiada que se che crava nas costelas ata brotar
unha mancha vermella.
Aqueles ollos desconfiados e escuros crararavaban aínda
máis fondo pero espertar seguía sendo pracer naquelas
latitudes e ante min só había unha nena de once ou doce
anos, ¿quen sabe? alí o tempo non mide igual a idade
dos meniños
¡Quieta, fasme dano! ¿ non ves que sangro?- E
extendinlle os dedos mollados na ferida dándome conta
ridiculamente do pouco que lle impresionarían esas
gotiñas de sangue que estaría xa abundante nos ollos da
cativa
¿Quen es? Non es de aquí, es un soldado de fora
mataches a meus irmáns con esa arma...asasino
Asasino, que raro soábame, quizás meu ollo máxico
asasinaba as almas
Pero...¿por que dis eso?
¿E esa arma que che colga do ombro?...asasino
Esta arma...¿que arma?
Asasino...se a tocas fenderei a miña lanza no teu
corazón negro, ensináronme os meus irmáns
Non por favor,nena confúndeste...
Asasino...¿por que nos matas? ¿ que che fixemos?
Nena, non son un asasino, basta xa, son un fotografo,
fo-to-grá-fo, ¿enténdesme? ¿Nunca viches un
fotógrafo? ¿nunca vichedes unha fotografía na escola?
¿unha fotografía?
Eso é, unha fotografía ¿na escola non vistedes fotos?
Fotos nos libros de xente, de lugares, de animais
Hai moito que non vou a escola...pero teño fotos, fotos
dos meus pais e un can que tiñamos e da cidade e...
Pois iso fago eu, fago f os de persoas e de cidades e ao
mellor tamén de cans...si son bonitos ¿ o teu can é
bonito?
Xa morreu o meu can, igual que meu pai e miña nai igual
cos meus irmáns...
Tranquila...síntoo...síntoo o que lle pasou a túa
familia pero segues facéndome dano e eu non teño que
ver con esas mortes
Si ti fas fotos ¿que ves facer aquí que só hai mortos?
¿fas fotos de mortos?
Contestar non é fácil e unha simple nena faiche ver con
claridade o absurdo das cousas |