Case coma a auga

Gerónimo Machado

n3geronimomachadocasecomaaauga.html

case coma a auga
da chuvia
que acariña... que ilusiona
... case coma a chuvia
que ten segredos;
e cando a ves decer
timidamente
polo vidro da fiestra
emocionado
dibuxas un corazón
e pensas... no teu amor

case coma o ceo
sen definición cronoloxica
algunha
trazado pola liberdade
das anduriñas;
e a vision holistica
que non coñece palabras
... case coma o ceo,
sobor dos pobos,
das cidades;
a rentes dos rios
dos mares
sobor da maresía
... e da molicie

tanto coma os teus soños
que dende a rixidez
... do decote
gabean na fantasia
amolecendo o esquema do absurdo
... alén a razón
estrando imaxinacion

tanto coma os teus soños
... tanto coma os meus.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega