Cegos

Toni García Arias

n3tonigarciacegos.html
Voltámonos cegos
o día que non nace para nós
e na escuridade de ese mencer silandeiro
a sede e a auga serán
a mesma cousa.

A mesma cousa serán
a paixón e a agonía,
a pegada e o pé que traza rúas en cada paso.
Perderanse tamén
a túa blusa e as miñas mans,
miña boca e teu sorriso.

Amenceremos na memoria dun nome
sen nós.
Engadiremos ós nosos corpos
o que levamos perdido.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega