Choivas

Alizia

n4aliziachoivas.html


     Podo furarte coa tinta negra,
chorarás nos meus folios apagados
e os panos que pidas
voarán para os países do desexo.
     Alí as horas xa non serán
túa posesión,
cando persigas á choiva
esta ha de esconderse detrás
das pálpebras maquilladas
con mareo de fotografía.
     Qué difícil se fai o punto ás veces,
será que os teus ollos
xiraron e neste minuto che quito
triángulos. E teño ganas de afogar
despacio
despacio,
sen que ninguén saiba que tirei o marrón
sen que ninguén saiba que preciso
pirámides invertidas
para cambiar a túa imaxe de ecos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega