Colleu as botellas diminutas
que mesmo semellaban as do xogo aquel
mercadas pola muller loira
nunha tarde de feira e piscina:
“para que lle fagas a comida ás bonecas”.
Dixo que toda a música era a mesma,
as saias aburrían logo da terceira
bágoa
e
cando che escorren líquidos opacos
polos dedos non recordas os insectos laranxas.
Contámoslle con partituras transparentes
os luns e os mércores na ventá mal pechada
sen papeis destes cadradiños e de cores
nos que apuntas as horas importantes,
(e te esqueces de ler).
Mira que pasou tempo, minutos e choiva,
pero desapareceron os cans de palleiro
e conformouse co café da máquina e
os ollos dese mural azul.
|