Seino;
porque soñando co meu ventre cruzabas
semáforos en
vermello.
Grampábasme nos ollos cachos de lousa chea de
terra,
cando a lúa abortaba recordos de
xeo e
leite,
cando comiamos millo novo (sen ter fincas).
Agora non entendo xa de medidas:
¿por que a corte dos porcos é tan grande?
ti colles nun gramo de luxuria podre...
Aínda me comes cos dentes afiados de gato á xaneira,
aínda.
Non che farei máis caso, nunca
nunca.
Deixeime de cantar
alalás e
agasalláchesme salsas
para castigarme.
Rematarei coas preguntas retóricas.
Buscarei lúas cheas
para abrirme mentres o penedo se me crava nas
coxas e as
unllas
enfurecidas
bican á herba escravizada polas
vacas agonizantes gracias ao
parto. |