De min sen eu I

Eirene

n3eirenedeminseneu.html
Desapareces non máis coñecerte
e xa non concibo a vida sen ti.
Es unha sombra que se esvae
no lusco-fusco das miñas pálpebras
e unha conversa interminábel
que só podo manter comigo mesma.

As túas mans case non chegaron
a tocar o meu talle,
mais semella que todo o teu ser
ten penetrado, transformado,
mudado, violado o meu corpo
ata acadar a miña alma
aló onde queira que estexa.

A túa lembranza non me deixa viver,
nen tampouco o esquecimento, o Lethes.
Non podo dicir adeus,
adeus díselle aos mortos
cando se van enterrar, e ti estás vivo,
vives na Pedralonga dos mouros... ¿lembras?


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega