Non existe a diferencia entre
ficción e realidade. Agora sei que son idiota idiota idiota idiota para
toda a vida. Iso é o que quero ser. Idiota para toda toda toda toda a
vida. Filma o que nos pasa un domingo pola tarde. Cecais un sábado nos
dea máis felicidade. Está ocorrendo aquí na nosa casa, sobre a nosa
familia, pequena ou grande, enteira ou destruída nunha parte esquecida,
desa Europa a medio facer , traizoada por unha mentirilliña. Está todo
escondido nun aparato bastante pequeno. Prateado e sangrante coma a rosa
dun anel de compromiso. Pero é ollo de vídeo. Aquí chegou o teatro da
vida violenta. Coa forza dunha serpe apedrada. A risa e o pranto. Todo
nunha única caixa de zapatos novos compartida.
Non te asustes porque nos mellores momentos sempre che entran ganas de
facer pipí. Amén. |