Descubrín a pólvora e despois dínllelo segredo de acender o lume,
porque a min parecíame moito máis puro e iso sempre é importante.
Eran varias. Crían estar tolas pobriñas e
descalzas pero só esperabamos a dios, que saíra de entre as sombras.
Unha dúas e tres non me creo esta forma de
seguir tapando a tristeza. O peor é estar triste. Moito peor que a dor,
moito peor que a violencia, moito peor que o calor é triste.
Aí está B. vingándome. E eu sen enteirarme
inxenua de todo pedindo máis.
Pero como ía dicindo descubrín a pólvora
descubrín a pólvora e
descubrín a pólvora, que ben.
Eran varias amigas, todas tifoideas tan
locuaces como esa María a punto de estoupar. Pero eu, eu críame
sangue, un demo parido por bonny and clide.
A pistola xa a mercara papá, un domingo na
feira, isto é mentira pero qué máis dá. A pistola era de plata e
sabía a fume ó achegala á boca despois de disparar
bonny and clide
iso é
bonny and clide
ninguén mirou atrás
ninguén me viu
só dios que estaba só
e era cego sinaloume dende Little Silver e
dixo:
AQUÍ REMATA ESTE POEMA QUE CONCLÚE MOITO
DESPOIS
QUERO DICIR QUE IRÁN OUTROS POLO MEDIO. O PRÓXIMO QUE FALE DO TEMA
, QUÉ
TEMA, MAMÁ! COMEZARÁ CO QUE DÍ DIOS, O QUE ME DIXO DIOS, E
NOUTRO LUGAR DIRÁ
"o que dios me dí, o que me dixo dios.........................."
Qué incrible? , non crerías que te
ías librar de escribir sobre min despois de tantos anos.
longo foi o tempo da separación
máis dura a caída será
(XAMÓNXAMÓNXAMÓNXAMÓN) |