En verdade ti

Amme

n2ammeenverdadeti.html
Baixo esa pel
Tes unha cuncha
Que non deixa ver
O que ti es.

Fas que pensemos
Que es forte,
Ata ti o cres,
Pero cando non hai ninguén
Deixas tódolos teus sentimentos
A flor de pel,
E ¡Alí, alí! Es ti mesmo,
¡Alí! Onde ti choras,
alí onde ninguén che pode ver.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega